Información
A Coruña

Jorquera acusa a Feijóo de converter a sociedade galega na mais pobre de España e Europa

Información
02 Abril 2016 10046 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Francisco JorqueraO portavoz parlamentario do BNG afirmou que dende que Feijóo é Presidente, a renda media dos galegos e galegas situase cada vez máis lonxe da española e a 20 puntos da Europea. Feijóo, afirmou o deputado, deixa en herdanza “un país máis empobrecido e inxusto”.

Francisco Jorquera

Pleno.- Na quenda de preguntas ao presidente, o portavoz parlamentario do BNG Francisco Jorquera asegurou que dende que Feijóo chegou ao Goberno, a renda media de Galiza está máis lonxe da española e a 20 puntos da europea, “retrocedemos, en termos de converxencia ao ano 2003” afirmou o nacionalista.

O deputado lembrou que hai quince días Núñez Feijóo tivo o atrevemento de comparar o crecemento de Galiza co de Alemaña pero as contas no ano 2014 confirman que “o PIB per cápita galego retrocedeu ata o 80% da media europea”. O seu goberno, recalcou Jorquera, “desviouse do obxectivo marcado, nada máis e nada menos, que en 15 puntos cando tiñan previsto subir 5 puntos”. Ademais, o nacionalista aludiu a comparativa con España da que dixo, entre 2009 e 2014 a renda per cápita española retrocedeu nun 11,82% con respecto á media europea, “en Galiza un 13,70%”.

Galiza, faroliño vermello en crecemento económico

Para o portavoz parlamentario do BNG, Galiza no ano 2014 “foi o faroliño vermello en crecemento no Estado español e no ano 2015, os terceiros pola cola”. Neste sentido, engadiu que un estudo de equipas de investigación de 16 universidades pronostica que en 2016 e 2017 “estaremos de novo na cola de crecemento”.

Jorquera incidiu en que os datos resumen “o fracaso rotundo das políticas do presidente da Xunta” así como a súa falta de proxecto de país e “dimisión” á hora de exercer as súas responsabilidades para non incomodar ao goberno amigo e “facer méritos ante Madrid”.

Francisco Jorquera

As política fracasadas da Xunta elevan a emigración e o desemprego

Na réplica ao presidente da Xunta, o deputado reiterou o fracaso das políticas do Partido popular e da Xunta como evidencian, dixo, o medio millón de persoas galegas emigradas ou que a debilidade laboral eleva a 600.000 euros, ao día, o burato da Seguridade Social en Galiza, “Con vostede como presidente, en Galiza só hai unha persoa con emprego por pensionista ou por cada parado” polo que preguntou se é “sostible un país e unha sociedade con esta situación”.

O soldo medio dun galego é inferior en 305 euros ao mes a respecto do salario medio español e seguimos diverxendo, vostede deixa en herdanza “un país más inxusto e empobrecido”, concluíu o nacionalista.

Otros articulos relacionados.....