Información
A Coruña

Carballo retirou o ano pasado 646 niños de avespa velutina, un menos que no 2017

Información
10 Enero 2019 381 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Eliminación de niño de velutina a gran altura en Guitoi-Sofán

Eliminación de niño de velutina a gran altura en Guitoi-Sofán

A loita contra a vespa velutina saldouse no ano 2018 cun total de 646 niños retirados, un menos que o ano anterior, segundo consta no balance presentado pola empresa contratada polo Concello de Carballo para a prestación do servizo de control de pragas.

 

Malia frear a preocupante progresión da presenza da avespa asiática que se viña rexistrando no noso concello, as cifras poñen de manifesto que a invasión continúa. O ano pasado realizouse unha intensa campaña de trampeo na que foron capturadas máis de 10.000 raíñas. Os bos resultados da iniciativa, xunto con outros factores, traducíronse nun descenso do número de niños no primeiro semestre do ano, pero a partir do verán volveuse a disparar a incidencia da praga.

Niño viaxeiro

O niño viaxeiro, no IES Alfredo Brañas

O niño viaxeiro, no IES Alfredo Brañas

O Concello de Carballo, a través da empresa Plaguiber e coa colaboración de apicultores locais, continuará este ano coas medidas encamiñadas a intentar frear os danos provocados polo avespa asiática, tanto intensificando o trampeo durante a primavera coma fomentando as campañas divulgativas entre distintos sectores da poboación. Entre elas figura a exposición do niño viaxeiro, que pode verse estes días no primeiro andar da Casa do Concello, pero que está a disposición de centros escolares e entidades interesadas. Só teñen que poñerse en contacto co servizo municipal de Medio Ambiente no teléfono 981 704 100.

O Concello de Carballo foi pioneiro en Galicia en combater a praga con medios propios, xa que, malia tratarse dunha que corresponde á Administración Autonómica, consideramos que a seguridade da poboación debe ser prioritaria. Deste xeito, dende o ano 2017 a loita contra a vespa velutina está incluída no contrato do servizo de control de pragas e os avisos que se reciben son atendidos en 24 horas na práctica totalidade dos casos.

Ningunha das 18 parroquias do noso concello se libra da praga. No mes de decembro, no que foron retirados 80 niños, a peor parte correspondeu a Rus, con 21, e Razo, con 18. A práctica totalidade apareceron en árbores, boa parte deles a moita altura, o que obrigou a utilizar a grúa en varias ocasións.

As persoas que localicen un niño poden chamar ao 012 ou ao 112, desde onde darán aviso ao Servizo Municipal de Control de Pragas.

Otros articulos relacionados.....
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:55

O pavillón municipal de Luintra acollerá o vindeiro sábado,...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:52

Tras a experiencia positiva do ano pasado, este ano volve celebrarse...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)