Imprimir

4,2 millóns de euros da UE para "diluir baixo" a promoción do emprego feminino pero que enchera os petos de seus promotores

Información
A Coruña | 22 Diciembre 2018 | 2205 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image
A Deputación da Coruña obtén 4,2 millóns de euros da UE para a promoción do emprego feminino no rural da provincia

O Ministerio de Política Territorial acaba de conceder á Deputación da Coruña, máis de 4 millóns de euros (4.252.591,45€) procedentes do Fondo Social Europeo para desenvolver o proxecto PEL- Emprego Sostible no Eido Rural. A institución provincial achegará outros 1,1 millóns para completar o orzamento total do programa, que ascenderá a 5.315.739 euros.

A día de oxe non e posible localizar un soo ciudadano que teña recibido un so euro de Europa directamente a sáu conta bancaria, peri si e ultilizado como intermediario para xestioner miles de millóns por distintos entes da comunidad autónoma.

O proxecto enmárcase na convocatoria 2018 de axudas do Fondo Social Europeo destinadas a entidades locais para a inserción das persoas máis vulnerables. Un total de 126 proxectos de toda España concorreron a esta convocatoria, dos cales 74 foron seleccionados, catro deles na comunidade galega.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o deputado responsable da área de Promoción Económica e Emprego, José Luis García, anunciaron hoxe a posta en marcha desta nova liña do Plan de Emprego Local (PEL) e subliñaron o "respaldo que supón para o PEL poder contar cunha inxección tan importante de fondos europeos".

Categoría: A Coruña
Visto: 2205