Información
A Coruña

A Deputación da Coruña, achega 19.523,70 € para as Mulleres Colleiteiras a poucos meses das eleccións municipais

Información
17 Diciembre 2018 457 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Deputación da Coruña impulsa a cooperativa de Mulleres Colleiteiras co financiamento de novo equipamentoA área de Igualdade e Servizos Sociais da Deputación da Coruña financia o equipamento para valorizar o aceite que recollen Mulleres Colleiteiras. A cooperativa experimentará con esta nova instalación un cambio substancial que lle permitirá aumentar os ingresos e a participación de máis mulleres no proxecto.

A deputada de Igualdade e Servizos Sociais, Ánxela Franco, e a presidenta de Mulleres Colleiteiras Sociedade Coop Galega, Violeta Romero, asinaron o convenio de colaboración para o financiamento do equipo para a valorización de aceite vexetal usado.

A Deputación da Coruña, achega 19.523,70 € do total do proxecto que ascende a 24.404,62 € e suporá un cambio importante no proceso de produción da cooperativa xa que permitirá valorizar o aceite e incrementar, polo tanto, os ingresos producidos pola reciclaxes.

Otros articulos relacionados.....