Duplican os fondos públicos que pasan de 350.000 a 784.000 euros anuais para sete bases dos GES na provincia (Brión, Curtis, Mugardos, Muros, Ortigueira, Padrón e Ponteceso)

Información
A Coruña | 17 Diciembre 2018 | 2706 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Tras o acordo alcanzado recentemente entre a Xunta de Galicia, a Fegamp, e as deputacións e concellos para garantir a continuidade das 25 bases do GES existentes en Galicia no período 2019-2021, a Deputación da Coruña pasará de asumir o 20% do orzamento das sete bases dos GES da provincia (350.000 € anuais) a financiar o 40% do custe total do servizo, cun investimento de total de 784.000 euros ao ano.

Este importante incremento da achega da Deputación débese tanto ao aumento da referida porcentaxe (que pasa do 20% ao 40%) como á suba do orzamento que se destina a cada unha das sete bases coas que contan os Grupos de Emerxencias Supramunicipais na provincia (Brión, Curtis, Mugardos, Muros, Ortigueira, Padrón e Ponteceso), cuxo custe anual pasa de 250.000 e 280.000 euros anuais.