Información
A Coruña

Goretti (BNG) anuncia 140.000 euros para financiar un amplo programa de actividades no que non se encontran os alumnos do Conservatorio de Danza da Deputación aos que condenou sen as bolsas de estudos para desvialas ao sobriño da súa secretaria

Información
03 Diciembre 2018 404 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Deputación da Coruña apoia con 140.000 euros o programa de actividades culturais, artísticas e científicas da USCA través deste convenio, a Deputación achega 140.000 euros para financiar en colaboración coa institución académica compostelana un amplo programa de actividades entre as que destacan programas de detección e captación de talento coma ESTALMAT, que ten como obxectivo detectar e estimular o talento matemático entre o alumnado de 12 a 15 anos dos centros educativos da provincia da provincia, ou "A Ponte entre a USC e o Ensino Medio", que pretende captar aos mellores expedientes académicos procedentes de Bacharelato e ciclos formativos.

 Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +
"Na Deputación consideramos que o investimento en capital humano é sempre o máis rentable e, no caso particular de Estalmat, máis aínda; dado que o público obxectivo son mozos e mozas con capacidades especiais para unha materia coma as matemáticas, que é clave no desenvolvemento de moitas áreas coma a teconoloxía ou a medicina e que, polo tanto, é clave para a innovación e o desenvolvemento da sociedade do futuro", afirmou Valentín González Formoso, que destacou a "estreita colaboración" que dende hai anos manteñen a Deputación e a USC "no ámbito da cultura, a arte ou a investigación".

Amplo programa de actividades culturais e deportivas  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +


A través deste convenio finánciase tamén un amplo programa anual de actividades culturais e depotivas que inclúen o teatro ( Festival Internacional de Teatro Universitario, Mostra de Teatro Universitario de Galicia, Xira da compañía da Aula de Teatro...), música e danza ( encontros orquesstrais de primavera, verán e nadal da Orquestra da USC, ciclos de música vocal e instrumental, Encontro Universitario de Danza Contemporánea....) ou arte (exposicións "Miradas de Marfil", "Tecidos e vestidos no laboratorio gráfico", etc.)
O acordo inclúe tamén o financiamento de actividades vinculadas coa promoción do deporte e a vida saudable, desprazamentos de equipos que participen en competicións universitaria, renovación de equipamentos e mantemento das múltiples instalacións deportivas da USC, así coma apoio para a celebración de congresos, cursos e seminarios que contribúan ao intercambio de coñecemento científico e cultural da comunidade universitaria.


Camiños de Coñecemento e Experiencia  Acceso Suscriptores Xornal Galicia. Asuntillos familiares de Goretti Diputación Coruña +


Finalmente, o convenio financia "Camiños de Coñecemento e Experiencia", un programa destinado a persoas e máis de 50 anos das comarcas da contorna de Santiago que, por motivos sociais ou económicos, non poden asistir a este programa de formación de maiores nas aulas da USC.
Este ano, o programa desenvolveuse nas comarcas de Barbanza, Noia, Muros, Santiago, Sar, Barcala, Ordes, Arzúa, Terras de Melide, Tabeirós e Deza.

Otros articulos relacionados.....
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:55

O pavillón municipal de Luintra acollerá o vindeiro sábado,...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:52

Tras a experiencia positiva do ano pasado, este ano volve celebrarse...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)