Información
A Coruña

Dumbría asume a presidencia do Parque doo Megalitismo da Costa da Morte

Información
29 Noviembre 2018 585 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde do concello de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, será o primeiro presidente do Comité de Dirección do Comité de Dirección do Parque do Megalitismo da Costa da Morte que este mércores celebrou a súa primeira reunión no Dolmen de Dombate para intentar mover mais de 500.000 euros...Que se suman naos miles que xa foron adxudicados convertendo o Megalitismo nun pozo sen fondo de cartos públicos. .

O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño Castro, foi elixido este mércores primeiro presidente do Comité de Dirección do Parque do Megalitismo da Costa da Morte, ao se decidir iniciar a quenda por número de habitantes de menor a maior.

 

O Comité de Dirección do proxecto de impulso ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte, celebrou a súa primeira reunión oficial no dolmen de Dombate, sen dúbida, un dos emblemas do proxecto, despois de quedar constituída a pasada semana nunha xuntanza previa celebrada na Deputación da Coruña. A primeira reunión oficial tiña como único punto da orde do día a elección do presidente do Comité de Dirección.

Alcaldes e representantes municipais dos concellos da Laracha, Cabana de Bergantiños, Carballo, Dumbría, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo e Zas participaron nesta xuntanza que, segundo o deputado Xosé Regueira, "pon xa en marcha un traballo que se materializará nos próximos meses cando se decidan os primeiras actuacións a desenvolver para o que a Deputación ten xa un orzamento previsto de 500.000 euros.

O Comité de Dirección decidirá os investimentos a facer nos vindeiros meses que poden ser compra de patrimonio, sinalización de recursos, divulgación e pequenas obras para favorecer a accesibilidade universal. Con este obxectivo, a Deputación da Coruña habilita o orzamento de 500.000 euros cun período de execución de catro anos, conta tamén nesta iniciativa coa propiedade do Dolmen de Dombate que de feito é xa o gran centro de interpretación do Megalitismo da Costa da Morte.

O Parque Arqueolóxico do Megalitismo esténdese no territorio da Costa da Morte fundamentalmente e, en concreto nos dez concellos que se inclúen no convenio de colaboración asinado hoxe na Deputación da Coruña. Máis de 300 mámoas, dolmens e outras construcións funerarias compoñen unha das mostras en mellor estado e máis representativas da Idade de Pedra na Galiza que son a trabe deste proxecto que busca conservar o patrimonio e contribuír a súa difusión.

Os recursos clave na catalogación do Parque Arqueolóxico constan esencialmente das tumbas monumentais ou dolmens. Neste sentido, son 14 xacementos os que integran o parque, Pedra Moura de Aldemunde en Carballo; Casa dos Mouros en Dumbría-Vimianzo, A Fornella dos Mouros en Laxe; Pedra da Arca en Malpica; Mina da Parxubeira en Mazaricos; Pedra Moura de Monte Carnio, Pedra Cuberta, Casota de Berdoias, Arquiña de Vilaseco, Pedra de Lebre ou de Serramo, Mina de Recesindes, Rabós en Vimianzo; Pedra Vixía e Arca da Piosa en Zas. O Dolmen de Dombate ou "catedral do megalitismo", aínda que teña o seu propio plan director, será o recurso alicerce clave no proxecto.

Otros articulos relacionados.....