Imprimir

O Xulgado pon no seu sitio a Lage Tuñas obligando a devolver ( os ciudadans ) o cobrado por explotar Palexco e o Palacio da Ópera cando estaban pechados pola pandemia

Información
A Coruña | 27 Abril 2022 | 741 Votos

laorganizaciondelclanfamiliarlagetunas

 

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 2 da Coruña condenou ao Concello a devolverlle á empresa concesionaria da explotación do Palacio da Ópera e de Palexco, Sociedade de Fomento e Desenvolvemento Turístico, 8.324 euros dos 26.652 euros que abonou en 2020 polo Imposto sobre Actividades Económicas (IAE), máis os intereses legais que correspondan, debido a que durante 114 días non puido explotar os locais polos peches de actividade decretados como consecuencia da pandemia da COVID-19.

O xuíz salienta que “non é necesario que exista unha norma que especificamente contemple ese exacto suposto”, é dicir, a existencia dunha pandemia e os peches de actividade derivados dela, para eximir á demandante do pago do imposto durante ese período. “O contrario sería tanto como dicir que un tributo é esixible -aínda que non se realice o feito impoñible- mentres non haxa unha norma especificando que diga que, nese concreto suposto, non se realizou o feito impoñible”, afirma o maxistrado.

Na resolución, ademais, apela “ao mero sentido común, nunha situación de excepcionalidade que ninguén podía prever”. Así, indica que, por todo iso, e “por un mínimo principio de xustiza tributaria”, resulta procedente a redución proporcional da cota do IAE. Ademais, subliña que a contía que o Concello debe devolver á empresa non é “nada desdeñable”, polo que asegura que “vén agravar, máis se cabe, a complicada situación que se provoca por unha imposición que vai recaer, non sobre unha actividade potencialmente xeradora de renda, susceptible de imposición, senón, directamente, sobre unha situación de inactividade, que o único que vai xerar son máis perdas, situación sobre a que dificilmente se pode anodar ese elemental principio de xustiza tributaria ao que apelabamos".

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: A Coruña
Visto: 741