Podemos A Coruña reclama á alcaldesa que reconduza as relacións co Colexio de Arquitectas de Galicia
Podemos A Coruña reclama á alcaldesa que reconduza as relacións co Colexio de Arquitectas de Galicia
Información
02 Febrero 20214296 votos - Registrate para votar
A concelleira Isabel Faraldo insta á rexedora a recuperar a colaboración co COAG, cuxa delegación retirouse da Mesa pola Mobilidade Sostible tras a filtración dun documento interno sobre o plan de mellora do transporte público na rúa Juan FlórezA concelleira Isabel Faraldo insta á rexedora a recuperar a colaboración co COAG, cuxa delegación retirouse da Mesa pola Mobilidade Sostible tras a filtración dun documento interno sobre o plan de mellora do transporte público na rúa Juan Flórez
A Coruña, 2 de febreiro do 2021.- A concelleira de Podemos A Coruña, Isabel Faraldo, vai presentar unha pregunta á alcaldesa no pleno municipal do próximo xoves na que lle reclama que reconduza as relacións do Concello co Colexio de Arquitectas de Galicia (COAG), cuxa delegación acaba de abandonar a Mesa pola Mobilidade Sostible, o organismo destinado a fomentar a participación de veciños, expertos e colectivos profesionais e cidadáns no deseño das políticas municipais na materia. A semana pasada, o COAG remitíu unha carta ao Concello na que anunciaba que abandonaba a Mesa pola filtración á prensa dun documento interno do Grupo de Traballo de Xestión da Circulación e o Estacionamento que, a petición da Mesa, contiña varias observacións da delegación das arquitectas ao plan de mellora do transporte público na rúa Juan Flórez. “Frente ao clima de confianza que presuponíamos existía na Mesa, non se nos deu a ocasión de rebatir o publicado, que non se corresponde co sentir e o contido completo do documento”, alega a delegación do COAG.No pleno do próximo xoves, Faraldo instará á alcaldesa, Inés Rey, a pedir disculpas ao COAG pola filtración e a “reparar o desatino” que supón perder un asesoramento profesional e de tanta solvencia como o que supón a presencia dos representantes do COAG na Mesa pola Mobilidade Sostible.
La contratación pública "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".
PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+
MARIA DOLORES RODRIGUEZ AMOROSO, afiliada socialista y esposa de Lage Tuñas número 2 con Ines Rey del concello de A Coruña ( deudora impuestos al Concello de A Coruña ) se postula de asesora xurídica ..
Santa María do Socorro de Caión é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de Bergantiños. Todas las noticias de Caión...(+)
Mar Sánchez Sierra "Contrólao todo", explican sobre a relevancia da secretaria xeral de Medios. Converteu a consellería no meirande anunciante nos medios. Praza.gal...(+)