O grupo parlamentar do BNG no Parlamento Galego rexistrou unha batería de iniciativas relativas á situación caótica vivida no Instituto Agra de Leborís da Laracha

Información
A Coruña | 16 Octubre 2020 | 2962 votos | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
Feijoo en la gestión del coronavirus representa la inmoralidad, deslealtad  y desprecio más absoluto por sus semejantes, a los que pretende saquear  pidiendoles dinero a costa de la pandemia - Xornal GaliciaA deputada do BNG Mercedes Queixas vén de presentar unha serie de iniciativas sobre a situación do IES Agra de Leborís da Laracha, onde se viviu unha situación caótica no inicio do curso escolar e onde na actualidade unha aula de 2º de bacherelato leva máis dunha semana sen clases por mor da existencia de varios positivos por COVID-19. O máis grave é que a propia dirección recoñeceu que non se podían impartir clases telemáticas ao alumnado que non podía telas presenciais, ao non contar o centro cos medios para poder desenvolvelas. Diante desta situación, o grupo parlamentar do BNG presentou unha serie de preguntas e unha Proposición Non de Lei no Parlamento Galego, instando á Xunta de Galiza a investigar o sucedido e a solucionar de xeito inmediato a carencia de recursos para impartir as clases telemáticas.