¡ Como debe ser en política ! 6 políticos para revisar a obra dun traballador nunha cuberta ! do pavillón de Santa Mariña

Información
A Coruña | 18 Junio 2020 | 3413 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
Os concelleiros de Obras e de Deportes revisaron a reparación da cuberta do pavillón de Santa Mariña

 A concelleira de Obras, Ana Lamas, e o de Deportes, Antonio Golpe, visitaron o pavillón de Santa Mariña, onde no último mes se levaron a cabo traballos de substitución de elementos danados da cuberta e reparación de desperfectos que permitían o paso da auga. A instalación deportiva levaba anos sen someterse a mantemento, o que provocou abundantes filtracións de auga durante o pasado inverno. Por ese motivo, o Concello contratou, entre outras melloras, a reparación do teito, unha actuación que se iniciou a principios de maio e que acaba de concluír. 

 
A obra tivo un custe de 33.867,90 euros e consistiu na colocación de novas pranchas de policarbonato na cuberta, pero tamén na fachada norte, e na instalación dun novo cumio. Ademais, revisáronse a totalidade dos parafusos que unen as partes do teito e cambiáronse os que estaban deteriorados, limpouse toda a superficie e desatascáronse canles e baixantes, parte das cales foron substituídas por estar deterioradas. As pranchas de aceiro que presentaban furados foron reparadas. 

TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600