Ante a crise económica Valentin Formosos dedica os cartos públicos a un parque costeiro en Bastiagueiro que leva o nome de As Trece Rosas

Información
A Coruña | 14 Junio 2020 | 2295 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Oleiros estrea un gran parque costeiro en Bastiagueiro que leva o nome de As Trece Rosas

NA PRESENTACIÓN OCULTAN INTENCIONADAMENTE  OS COSTES E DESPILFARRO DE CARTOS PÚBLICOS

O Concello de Oleiros abriu esta tarde ao público o novo parque costeiro de Bastiagueiro, unha gran zona verde de máis de 123.000 metros cadrados que percorre o litoral oleirense desde a praia de Bastiagueiro até o hotel Portocobo e que levará o nome de Parque das Trece Rosas, en homenaxe ás trece mulleres fusiladas fusiladas polo réxime franquista o 5 de agosto de 1939 en Madrid.

O acto contou coa asistencia do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e do alcalde de Oleiros e deputado provincial, Ángel García Seoane, entre outras autoridades e representantes da sociedade oleirense.

A Deputación e os concellos de Brión e Ames adían a festa da Batalla de Altamira ao vindeiro ano pola Covid19

A Deputación da Coruña e os concellos de Ames e Brión decidiron cancelar a festa da Batalla de Altamira e adiala ao ano próximo en que se conmemorarán os 550 aniversario do acontecemento histórico. O deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas, anuncia que se van iniciar as obras de mellora no monumento e a preparación do 500 aniversario da Batalla.

Este sábado 13 de xuño estaba previsto celebrar na comarca da Maía a festa da Batalla de Altamira no aniversario do acontecemento histórico e, entre outras iniciativas, a veciñanza estaba convocada para unha recreación lúdica, festiva e histórica desde a Ponte Maceira até as propias Torres no concello de Brión mais a COVID19 mudou os plans previstos e obrigou a adiar até o ano próximo unha conmemoración que estaban a preparar a Deputación da Coruña, a través da área de Patrimonio e Contratación, e os concellos de Brión e Ames.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600