Imprimir

Valentin Formoso "derrapa" ao montar un chiringuito para agradecer o gran traballo ( por o que cobran a final de mes, non é gratis ) das agrupacións de Protección Civil da provincia durante a pandemia.

Información
A Coruña | 23 Mayo 2020 | 1176 votos Regístrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Deputación da Coruña agradece o gran traballo das agrupacións de Protección Civil da provincia durante a pandemia

A Deputación da Coruña agradece o "gran traballo" realizado polas agrupacións de Protección Civil da provincia da Coruña durante a crise da Covid-19 e prepara, en canto a situación o permita, "un acto público de recoñecemento a todos os voluntarios e voluntarias que deron o mellor de si mesmos durante a pandemia".

Así llo trasladaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado de Promoción Económica, Blas García, aos responsables dunha vintena de agrupacións da provincia e da Asociación Provincial de Protección Civil cos que mantiveron unha reunión telemática.

 

González Formoso interesouse polas distintas actividades que realizaron durante esta crise ( a boa hora se preocupa, nos preguntamos nos, é antes en que pensaba ), dende a desinfección de espazos públicos ao reparto de material; polo incremento do número de voluntarios que se rexistrou en moitos municipios, así como polas necesidades principais das agrupacións en canto a recursos ou material.

Categoría: A Coruña
Visto: 1176