Información
A Coruña

Plan Especial de Pedra do Sal ateigou o Centro Social de Imende

Información
09 Febrero 2020 1465 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A presentación da proposta inicial do Plan Especial de Pedra do Sal espertou moitísima expectación e participación. Arredor dun cento de persoas encheron o Centro Social de Imende durante as dúas horas de exposición e preguntas sobre o documento que definirá o desenvolvemento urbanístico dunha área de 330.000 metros cadrados de solo rústico e de núcleo rural nun horizonte de 16 anos. Entre a veciñanza estiveron, ademais do alcalde, Evencio Ferrero, e da concelleira de Planificación, Milagros Lantes, representantes de todos os grupos políticos municipais.

 

O equipo redactor comezou explicando as fases de elaboración do plan, que nestes momentos está á espera dos informes previos de Costas do Estado e da Xunta para ser sometido a participación inicial. Unha vez superado ese trámite abrirase un período de exposición pública e consultas durante dous meses, e os técnicos insistiron na importancia da participación veciñal para conseguir elaborar o mellor documento posible dentro da legalidade e tendo en conta as diferentes figuras de protección, de rango superior, que afectan ao espazo natural de Baldaio.

Tendo en conta todos os condicionantes, o Plan Especial de Pedra do Sal pretende mellorar o núcleo, os servizos dos que dispón e as dotacións e equipamentos; ordenar o bordo litoral para o uso das praias e preservar e protexer a paisaxe e os espazos naturais.

A proposta inclúe, por unha banda, as actuacións públicas programadas en vías, espazos libres, equipamentos e infraestruturas de servizos. Son, en total, 18 actuacións a desenvolver ao longo de 16 anos, e divididas segundo a súa prioridade. Nos primeiros catro anos o Concello de Carballo debería asumir a mellora do acceso ao

Nos primeiros catro anos o Concello de Carballo debería asumir a mellora do acceso ao núcleo e a construción dunha rotonda na estrada provincial, a adquisición dunha parcela de servizos, a ampliación e o acondicionamento da rúa do Pinar, a creación dun aparcadoiro permanente e outro de tempada, a construción dunha pasarela litoral Baldaio-O Pinar e a creación da zona verde do Monte das Saíñas. No segundo cuadrienio están incluídas a mellora e o acondicionamento da rúa litoral de Pedra do Sal, a creación de tres zonas verdes, a construción dun equipamento multiusos e un aparcadoiro con servizos para autocaravanas. Deste xeito, en oito anos estarían executadas a maior parte das actuacións propostas, e para a outra metade do período de vixencia do plan quedarían o resto das obras, como o acondicionamento dos viarios interiores da Pedra do Sal e As Saíñas-O Pinar ou a creación doutras zonas verdes. O investimento total previsto para eses 16 anos achegaríase aos 6,5 millóns de euros.

A outra vertente que articula o plan especial é a regulación, dende o punto de vista da normativa urbanística, das condicións dos usos, parcelas e edificacións, establecendo, por exemplo, unhas normas de uso de materiais, cores ou peches, con prazos para aplicalas e buscando a mellora paisaxística do núcleo rural. Esa regulación tamén ten en conta as necesidades de servizos como a auga, o saneamento ou Internet, o soterramento dos tendidos ou o funcionamento da recollida do lixo.

O ámbito do plan especial caracterízase por albergar en pouco espazo unha gran riqueza de fauna, flora e formas xeolóxicas. Na contorna de Pedra do Sal atópanse varias especies protexidas ou en vías de extinción que deben protexerse, ao tempo que hai que combater as especies invasoras que diminúen as poboacións das especies autóctonas, e que se propagan, principalmente, a través das rodas dos vehículos e das pisadas da xente. Por iso, tamén se establecen medidas de control das especies exóticas e introdúcese un listado de especies vexetais recomendadas.

Como reiterou o equipo de Monteoliva Arquitectura durante a exposición, a proposta de ordenación presentada para o ámbito de Pedra do Sal poderá variar en función dos informes das Administracións competentes e das achegas da cidadanía.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....