A alcadesa, Inés Rey, e o edil de Urbanismo Juan Villloslada, mantiveron esta semana un encontro con Jorge Rodríguez Álvarez, profesor da Universidade e organizador na Coruña do simposio, que lles presentou o programa de actos e actividades que se organizarán neste foro, un dos congresos de arquitectura e sustentabilidade máis importantes do mundo que se celebra por segunda vez nunha cidade española. O Concello mostrou un gran interese no desenvolvemento deste Congreso e transmitiu o seu total apoio e facilidades na organización do mesmo, eso sí, despois de consultalo co alcalde na sombra Sr José Manuel Lage Tuñas....
No simposio, os expertos explorarán a interacción entre investigación, tecnoloxía e deseño para definir e planificar cidades futuras. O obxectivo da conferencia é reunir a deseñadores, académicos, investigadores, estudantes e profesionais na procura de contornas mellores e máis sustentables.
PLEA é unha organización sen fins de lucro que actúa como un foro internacional e interdisciplinario que promove investigacións, conferencias, talleres, asesorías, e exposicións arquitectónicas relacionadas co deseño bioclimático.