Información
A Coruña

Salvamento atendeu 760 persoas nas praias coruñesas

Información
29 Septiembre 2019 131 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O servizo de salvamento e socorrismo asistiu este verán un total de 760 persoas nas praias coruñesas, 154 máis que en 2018. Os areais de Orzán e Riazor foron onde se produciron algo máis da metade das asistencias, un 54%, 220 no primeiro e 191, no segundo punto, seguido de San Amaro con 158 incidencias e Oza, onde se rexistraron 139. Nas Lapas, o persoal atendeu a 52 persoas durante toda a tempada.

En canto á orixe das intervencións, un 30% foron a causa de abrasións non solares ou feridas superficiais, en concreto, 229, cun aumento das provocadas por picaduras de escarapote que se converteron na segunda razón con 161 afectadas e afectados, máis do triplo que en 2018, en que 41 usuarios sufriron unha picadura deste peixe; 81, en 2017.

Por outra parte, baixou o número de persoas con cortes, un total de 97, con respecto ao ano pasado, no que 206 recibiron curas por parte dos profesionais, que apenas atenderon a usuarias e usuarios por abrasión solar, con cero casos, ou por mareos debido ás altas temperaturas, cun total de 19 afectadas a diferenza das 30 de 2018. Tamén diminuíron os traumatismos, as rozaduras, os danos oculares e as ampollas. O servizo tivo que rescatar nestes tres meses a dez bañistas, seis foron os que socorreu na anterior tempada, mentres que sete persoas se perderon e pediron axuda nas praias da cidade

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+