A Deputación "financia" un libro sobre a transformación do Real Instituto Benéfico Padre Rubinos na última década

Información
A Coruña | 24 Septiembre 2019 | 1728 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Deputación edita un libro sobre a transformación do Real Instituto Benéfico Padre Rubinos na última década

A sede do Real Instituto Benéfico Padre Rubinos na Coruña acolleu esta mañá a presentación do libro "Padre Rubinos 2008-2019: A transformación dun referente social", editado pola Deputación da Coruña. No acto particiapron o presidente provincial, Valentín González Formoso, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, o presidente da entidade, Eduardo Aceña, e o autor da publicación, o xornalista coruñés Fernando Molezún.


O libro narra a historia recente desta institución, con máis de cen anos de historia e a evolución que experimentou una última década.
Na presentación, Valentín González Formoso apuntou que "Padre Rubinos representa o mellor desta sociedade e fala moi ben da cidade da Coruña" e destacou "o execelente traballo" de Fernando Molezún para recoller no libro a historia da entidade e facer tamén esa pequena homenaxe que esta cidade debía a persoa e entidades que, dun ou doutro xeito, contribíron á construción e evolución desta gran entidade.
Neste sentido, González Formoso destacou que a transformación de Padre Rubinos no referente social que hoxe é non sería posible sen a xenerosidade da Fundación Amancio Ortega, que investiu 25 millóns para facer realidade o soño de construir a nova sede de Padre Rubinos, no que supuxo a maior obra social da historia cidade da Coruña. "Amacio Ortega axudou a facer realidade este e a moitos outros proxectos no ámbito sociosanitario", afirmou.