Senda dos Faros de Malpica

Información
A Coruña | 19 Septiembre 2019 | 1816 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

José Manuel Pequeño e Walter Pardo analizan o proxecto da Senda dos Faros de Malpica

O deputado responsable da área de Vías e Obras da Deputación da Coruña, José Manuel Pequeño Castro, e o alcalde de Malpica, Walter Pardo Añón, reuníronse esta mañá no consistorio malpicán para analizar os detalles do tramo da Senda dos Faros que discorrerá polo municipio.

 

Pequeño enmarcou o encontro na rolda de reunións que o seu departamento está a levar a cabo cos distintos municipios da provincia que participan no proxecto Sendas do Faros, no que a Deputación, coa colaboración económica de fondos FEDER, investirá 5,1 millóns de euros para dotalos de sendas ciclables de conectarán once faros da provincia, entre eles o malpicán de Punta Nariga, cos seus núcleos de poboación máis próximos.


TAMBIÉN LE PUEDE INTERESARlineaazul 1600