Ver la subvención como arma política y sometimiento al adjudicador...+
A Deputación da Coruña destina este ano 370.986,98 euros para apoiar a 98 clubs e entidades de distintas disciplinas deportivas da provincia a mellora as súas infraestruturas e equipamentos.
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a concesión provisional desta liña de subvencións coas que a área de Deportes da institución provincial financia diversas obras de construción de novas infraestruturas, mellora das existentes e dotación de equipamentos deportivos a preto dun centenar de clubs da provincia, con axudas que oscilan entre os 1.000 e os 17.500 euros.