Información
A Coruña

Ninguen sabe que as contou nen de onde saen os datos pero Bugallo asegura que máis de 50.000 persoas asistiron aos concertos das festas do Apóstolo

Información
02 Agosto 2019 224 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

50.000 persoas asistiron "in situ" aos concertos programados durante as Festas do Apóstolo. Asegurouno o concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, durante a valoración das celebracións, que remataron, dixo, "cun balance positivo".

Referíndose aos Fogos, Muíños asegurou que "realmente a xente os desfrutou. Igual que foi un grande inicio, onte foi un gran colofón". Sobre os concertos de onte na Quintana, da Banda Crebinsky, Fredi Leis e Holywater, sinalou que a praza "estaba chea", igual que o Toural. "Quedamos moi contentos –engadiu– porque foi unha noite sen grandes incidentes, como foron todas as das festas".



O concelleiro agradeceu o labor da anterior responsable de Festas, Branca Novoneyra, porque "realmente deixou pechada bastante programación, sobre todo dos concertos da Quintana, cunha gran calidade e cunha gran variedade". O novo Goberno programou, segundo explicou, os concertos do Toural, das orquestras, de Xosé Manuel Budiño no inicio das festas, e o de onte con Fredi Leis, que "tamén funcionaron ben".

Afluencia 
Nos Fogos do Apóstolo, a afluencia, tendo en conta o espazo acoutado da praza do Obradoiro, situouse, segundo explicou Muíños, entre seis mil e sete mil persoas. Nos de onte a cifra é máis difícil de cuantificar, afirmou, pero estimou en máis de dez mil persoas as presentes na zona do Campus e da Alameda". O que é complicado, engadiu, é saber a xente que había na rúa, aínda que se percibía "moito ambiente".

En canto aos concertos, a media de afluencia na praza do Toural foi de 500 persoas. Na praza da Quintana oscilou entre as 4.500 persoas (o aforo total) que asistiron ás actuacións de Xoel López, Leilia e Milladoiro, La Casa Azul ou La M.O.D.A; e as 2.500 das Xornadas de Folclore Galego, ou as 2.000 de Chico César.

Aclarou o concelleiro de Festas que, ao estar as persoas entrando e saíndo continuamente polas catro entradas da Quintana, "é imposible dar unha cifra exacta". Non obstante, durante os concertos de La M.O.D.A e La Casa Azul contabilizáronse as persoas que entraron nalgún momento á praza e a cifra alcanzou as 13.000 persoas.

Sobre as actividades para nenos, de rúa e de circo, subliñou que "funcionou todo ben, e é para estar satisfeitos". Nalgunhas, como as visitas guiadas pola cidade da man de Castelao, organizadas pola Concellaría de Turismo, participaron arredor de mil persoas.

Gonzalo Muíños rematou agradecendo aos técnicos o súa labor e "poñendo en valor" o acordo ao que se chegou cos feirantes para que, durante dúas horas, os días 23, 25, 27 e 30 de xuño, non houbese son co obxectivo de facilitar a participación dos e das menores con diversidade funcional nas atraccións feirais da Alameda. 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+