Denuncia o abandono e falta de limpieza do campo da feira de Paiosaco e o seu entorno por desidia do Alcalde do PPdeG José Manuel López Varela

Información
A Coruña | 24 Julio 2019 | 2276 votos | Correo electrónico | Imprimir

Carolina Castiñeiras Brandón, concelleira do Grupo Municipal do BNG da Laracha, ao abeiro do Regulamento Orgánico Municipal presenta, para o seu debate no vindeiro Pleno da Corporación Municipal, o seguinte ROGO:

O Campo da Feira de Paiosaco leva tempo sufrindo unhas carencias de limpeza importantes. Vemos como pasados os días dende a celebración do mercado quincenal o lixo permanece, sobre todo darredor das árbores, cuxas bases actuan como improvisados colectores de refugallos.

 

E non só son efectos da feira, tres semanas despois das Festas das Cereixas segue a haber gran número de cristais rotos esparexidos por toda a praza, co conseguinte perigo para crianzas ou calquera persoa que pase pola zona, especialmente neste tempo no que se usa calzado aberto.

Son obxectos de todo tipo os que podemos atopar: pilas, perchas, restos de envases, restos orgánicos de froitas, os devantitos cristais e até un cepillo de dentes. Os refugallos da última feira vanse xuntando cos da feira anterior, e así sucesivamente.

A falta de limpeza esténdese ás ruas lindeiras onde o vento acumula os restos da actividade comercial nas cunetas.

Non sabemos a que se debe esta falta de eficacia na limpeza en Paiosaco, mais é evidente que se deben implementar os recursos para que esta imaxe non siga a ser habitual. Dende o BNG queremos achegar algunhas propostas para solucionar este problema que, cremos, dana a imaxe do Concello en xeral e de Paiosaco en particular.

Por todo o exposto SOLICITAMOS:

  1. - Incremento de colectores móbiles o día da feira.

  2. - Demandar á empresa concesionaria da limpeza o incremento de recursos humanos, en tempo empregado, etc, á hora de realizar a limpeza nas rúas do casco urbano de Paiosaco, incidindo especialmente no Campo da Feira e a súa cotorna, pois é o escaparate do noso mercado quincenal.

  3. - Campaña de concienciación á veciñanza e visitantes da feira para que fagan uso dos diferentes colectores, ao tempo que se anima á reciclaxe.

A Laracha, a 24 de xullo de 2019

Asdo. Carolina Castiñeiras Brandón,

Concelleira do Grupo Municipal do BNG da Laracha.

social youtube xornalgalicia   feed-image