Información
A Coruña

Valentín González Formoso, reelixido presidente da Deputación da Coruña

Información
03 Julio 2019 216 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Valentín González Formoso, reelixido presidente da Deputación da CoruñaO presidente anuncia a creación dunha Axenda Rural Provincial para impulsar a mellora do nivel de vida, a creación de emprego e a fixación de poboación no rural coruñés

Formoso asume de novo o cargo "coa ilusión do primeiro día" e "a inmensa responsabilidade de seguir gobernado unha provincia que é o motor social, cultural e económico de Galicia"

 

Destaca "o avance democrático" que suporía a elección directa dos representantes nas corporacións provinciais

No seu discurso trazou a folla de ruta do vindeiro mandato no que a revitalización do rural, a potenciación da colaboración cos municipios e a creación de emprego serán eixes transversais


Valentín González Formoso foi hoxe reelixido presidente da Deputación da Coruña cos 17 votos que suman os grupos provinciais do PSdeG-PSOE (11 deputados/as), BNG (4), Marea Atlántica (1) e Alternativa dos Veciños (1), fronte aos 14 obtidos pola candidata do Partido Popular, Rosa Gallego Neira, no pleno extraordinario de constitución da nova corporación.

No seu discurso de investidura, Formoso agradeceu os apoios recibidos para renovar un cargo que asume con "humildade e orgullo" e "coa ilusión do primeiro día", pero sobre todo "coa enorme responsabilidade de seguir gobernando unha provincia que é o motor social, cultural e económico de Galicia".

"Seguirán atopando en min a un presidente co seu despacho sempre aberto, con disposición permanente ao diálogo e o consenso, como sempre temos feito nesta Deputación, e sempre con bos resultados", afirmou o presidente, que se comprometeu a liderar "un goberno provincial que pense nas próximas xeracións, non nas próximas eleccións, e que teña os pés ben asentados na terra e a mirada no horizonte".

Valentín González Formoso destacou que a Deputación é "unha institución bicentenaria, que ten sido testemuña privilexiada dos avatares da nosa historia" e invitou a unha reflexión "sobre o reto apaixonante e o avance democrático que suporía a elección directa pola cidadanía dos seus representantes nas corporacións provinciais"

Neste sentido, apuntou que "presidir a Deputación da Coruña nos últimos catro anos deume a oportunidade de coñecer mellor esta provincia e valorar o seu enorme potencial", polo que se comprometeu a "seguir percorrendo as estradas e os camiños, escoitando aos alcaldes e alcaldesas e aos seus veciños" e supervisando os numerosos servizos e infraestruturas impulsados pola Deputación "que chegan ata o último recuncho do noso territorio e axudan a mellorar a vida das persoas".

Investimentos que, en boa medida, se deben á posta en marcha do Plan Único, o maior plan de cooperación das catro deputacións galegas e un dos maiores de España e que, en apenas tres anos, supuxo un investimento de 283 millóns de euros, unha cifra nunca antes alcanzada na historia da Deputación.

"Pero máis alá dos números, o Plan Único activou un novo modelo de cooperación cos concellos que nos volveu a situar na vangarda estatal, abrindo un camiño que hoxe están a seguir outras deputacións de España", afirmou Formoso, que vaticinou que "nos vindeiros anos escoitaremos falar de moitos plans únicos en moitas deputacións" e subliñou que "como pioneiros nese camiño, correspóndenos seguir desenvolvendo, innovando e mellorando este potente instrumento de colaboración cos municipios, a principal razón de ser desta institución".

Revitalización "urxente e inaprazable" do rural coruñés

No seu discurso, González Formoso subliñou que, no mandato que hoxe comeza, a loita contra o despoboamento do rural coruñés "será un dos obxectivos prioritarios e transversais" do seu goberno.

"A regresión demográfica e o baleiramento do rural é a día de hoxe un problema de Estado", un reto "urxente e inaprazable que debemos enfrontar coa implicación e coordinación de todas as administracións públicas nunha gran alianza contra esa nada que avanza imparable e que ameaza con levarse as nosas raíces e a nosa forma de vida, convertendo ao rural galego nun deserto nas vindeiras décadas", afirmou.

O presidente anunciou a creación dunha Axenda Rural Provincial que servirá "como eixo planificador e vertebrador das numerosas accións que leva a cabo a Deputación neste eido" cos obxectivos de impulsar a mellora do nivel de vida, a creación de emprego e a fixación de poboación nos pequenos municipios coruñeses.

Neste sentido, anunciou tamén un primeiro paso: a concesión por parte do Goberno de España de preto de 1 millón de euros de financiamento para dous novos programas de loita contra a "España vaciada". Uns fondos que se destinarán a creación de dúas novas liñas do Plan de Emprego Local (PEL) que terán como obxectivo fomentar a innovación e o emprendemento e garantir o relevo xeracional nas pequenas empresas do rural.

O emprego, principal ocupación

González Formoso lembrou que no pasado mandato, as políticas de emprego da Deputación pasaron de ser unha simple liña de financiamento aos concellos para a contratación temporal de cuadrillas de obras a converterse nun dos sinais de identidade da Deputación da Coruña grazas ao PEL, un ambicioso programa plurianual, dotado con 30 millóns de euros, que permitiu a 3.000 persoas atopar un emprego.

"Quero dicirlles aos 53.400 coruñeses e coruñesas que seguen vivindo o drama do desemprego que van seguir sendo a nosa principal preocupación e a nosa principal ocupación", afirmou o presidente, que anunciou que o PEL "seguirá crecendo e desenvolvéndose neste mandato" coa posta en marcha da Rede Provincial de Espazos de Coworking destinada "a aproveitar o talento emprendedor da nosa xente moza, para que poidan traballar e atopar na nosa terra as oportunidades que as anteriores xeracións non tiveron". A Rede contará con centros en Oleiros, Ames, Brión, Carballo e Boiro.

No ámbito económico, Formoso anunciou tamén que a Deputación "seguirá liderando e apoiando proxectos de carácter estratéxico para a nosa provincia", entre os que citou "a creación dunha zona franca que apuntale o liderado exportador da Coruña e contribúa ao desenvolvemento integral do territorio provincial e galego" e a "necesidade urxente de reactivar o sector industrial e da construción naval", así como "impulsar a modernización do noso mar e o noso agro".

Mobilidade sostible

O presidente da Deputación afirmou que cuestións coma os servizos sociais, a mellora dos 2.100 quilómetros da rede provincial de estradas, a cultura, o turismo ou a mobilidade sostible seguirán sendo prioridades tamén para o goberno provincial.

Neste sentido, anunciou que a Deputación vén de recibir nos últimos días confirmación oficial da concesión de 4 millóns de euros de fondos FEDER que tiña solicitados para facer realidade diversos proxectos que contribuirán a potenciar o turismo e a mobilidade sostible na provincia, entre eles as Sendas dos Faros en Ferrolterra, Costa da Morte e Barbanza e a Vía Verde Santiago-Cerceda, que permitirá percorrer a pé ou en bicicleta os 36,5 quilómetros que separan ambas localidades nun itinerario singular construído sobre as antigas vías do ferrocarril.

Aludindo á "identidade coruñesa", "á historia común que nos trouxo ata aquí" e a importancia social e cultural da Coruña, o presidente González Formoso instou aos membros da corporación a "seguir traballando unidos por una Deputación e unha provincia da que todos nos sintamos orgullosos" e "por un futuro mellor para a cidadanía e para os concellos coruñeses".

Vicepresidente e portavoz

Ao remate do pleno, González Formoso asinou o decreto polo que nomea como novo vicepresidente a Xosé Regueira Varela e portavoz do Goberno provincial a Bernardo Fernández Piñeiro.

Discurso de investidura do Presidente


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+