Mato quixo destacar e valorar a decisión de adicar o Día das Letras Galegas ao lingüista e literato ferrolán Ricardo Carvalho Calero

Información
A Coruña | 20 Junio 2019 | 2499 votos | Correo electrónico | Imprimir
Visitas ás dependencias municipais por parte do alcalde, Ángel Mato.
Ferrol, 20 xuño.- As dependencias municipais, co seu respectivo persoal, seguen recibindo esta primeira semana de mandato a visita do alcalde, Ángel Mato, das concelleiras e concelleiros que integran o grupo socialista.
 
Así, na mañá do xoves, a comitiva, con Mato á cabeza, realizou un percorrido polas instalacións do Sánchez Aguilera (actual depósito de vehículos), o Centro Municipal de Emprego de Catabois, o Cemiterio Municipal, o Parque de Servizos e o Centro Cívico de Caranza. A xornada rematou no centro cultural Carvalho Calero.
 
Mato escoitou nesta primeira visita a ditas instalacións as demandas do persoal, así como as demandas sobre a situación ee cada un destes espazos municipais.
 
O centro cultural Torrente Ballester e Aquaciencia serán os seguintes espazos que visitarán o alcalde e as e os integrantes do grupo de goberno.

Carvalho Calero
 
Por outra banda, Mato quixo destacar e valorar a decisión de adicar o Día das Letras Galegas ao lingüista e literato ferrolán Ricardo Carvalho Calero e destacou a súa importante achega á lingua galega así como o seu vencellamento coa cidade.
social youtube xornalgalicia   feed-image