98.000 euros as obras de reparación da histórica ponte Albar

Información
A Coruña | 11 Junio 2019 | 2165 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Deputación adxudica por 98.000 euros as obras de reparación da histórica ponte Albar

A Deputación da Coruña adxudicou por 98.033,53 euros as obras de reparación da ponte Albar, un viaduto histórico que conecta os municipios de Trazo e Santiago de Compostela.

A sede da institución provincial acolleu esta mañá a sinatura do contrato coa empresa que se encargará da execución dos traballos, que comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de execución de 4 meses.

A ponte, localizada no punto quilométrico 16+000 da estrada provincial DP 7804, sitúase sobre o río Tambre, actuando como límite físico entre os concellos de Santiago de Compostela e Trazo. A ambas marxes atópanse as parroquias de Santa María de Xavestre (Trazo) e San Xoán de Fecha (Compostela).