Información
A Coruña

Lamentan o falecemento da deputada Ánxela Franco

Información
03 Junio 2019 214 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Deputación da Coruña lamenta o falecemento da deputada Ánxela Franco

 A Deputación da Coruña mostra o seu pesar polo falecemento da deputada Ánxela Franco, responsábel no último mandato das áreas de Igualdade e Servizos Sociais.

 

A deputada Ánxela Franco formou parte do goberno da Deputación da Coruña nestes últimos catro anos en que desenvolveu un intenso labor botando a andar programas como Compartimos Plan, Plan de Acción de Servizos Sociais "Rede de Concellos para o Benestar" ou Dicoruna Accesible ademais de proxectos para contribuír á eliminación da violencia machista como Suprime o control ou Quen dixo medo.

Ánxela Franco estaba convencida de que as institucións tiñan que apoiar as persoas máis desfavorecidas e iso foi o que defendeu con enerxía desde o goberno da Deputación da Coruña. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e os demais membros do goberno, as persoas que traballaron con ela e toda a corporación lamenta o seu pasamento.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+