Imprimir

Mentres Carballo avanza con Europa A Laracha contamina pola nefasta xestión e intereses privados do seu alcalde do PPdeG

Información
A Coruña | 26 Mayo 2019 | 2094 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

Despois da xuntanza celebrada a principios de mes polo Grupo de traballo sobre a píllara das dunas, Carballo acolle un novo evento enmarcado na conmemoración do 40º aniversario da Directiva de Aves da Unión Europea. Este sábado 25, a Sociedade Galega de Ornitoloxía celebra no Fórum Carballo unha xornada titulada “Pasado, presente e futuro das Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) en Galicia”.

A elección do noso concello non é casual, senón que, como indican dende a Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), “a área de Baldaio é unha das escasas zonas distinguidas no territorio galego como ZEPA. Por iso consideramos Carballo como o lugar idóneo para a celebración da xornada”. A asistencia é libre e de balde, polo que todas as persoas interesadas na ornitoloxía terán espazo no auditorio do Fórum.

PROGRAMA

BLOQUE 1. A DIRECTIVA AVES E AS ZONAS DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARAS AS AVES 

BLOQUE 2. AS ZEPAS DE GALICIA: ESTADO DE CONSERVACIÓN, PROBLEMÁTICAS E EXEMPLOS PARA O DEBATE. 

ASEMBLEA XERAL DA SGO

Ademais do 40º aniversario da Directiva de Aves, a Sociedade Galega de Ornitoloxía tamén celebra o seu 20º aniversario, polo que a xornada deste sábado terá un significado dobremente especial. De feito, os socios da SGO celebrarán unha comida de confraternización no noso concello e pola tarde celebrarán a súa asemblea xeral no Fórum Carballo.



Galería

Categoría: A Coruña
Visto: 2094