Información
A Coruña

Unha sentencia condena ao grupo de Maréa Atlantica e Xulio Ferreeiro por contratar en fraude de lei un traballador temporal no Concello da Coruña

Información
10 Abril 2019 558 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Xulio Ferreiro "somete aos coruñeses/as a pagar as costas das súas xestións temerarias ao ser condenado en costas o Concello por as ilegalidades cometidas por seu equipo de gobeno

Os servizos xurídicos de Comisións Obreiras (CCOO) logran a transformación en interino dun traballador temporal do Concello da Coruña que estaba contratado en fraude de lei para o labor de atención dos cemiterios municipais.

O contrato do denunciante era de persoal temporal funcionario por acumulación de tarefas, pero o Xulgado do Contencioso-Administrativo n.º 2 da Coruña dálle a razón ao sindicato e considera que lle corresponde un contrato de interinidade por causas estruturais. A sentenza tamén obriga a Administración local a readmitilo e a pagarlle máis dun ano de salarios.

O traballador realizaba as súas funcións nos cemiterios municipais | Foto: cemiterio de Oza (Google)

O traballador realizaba as súas funcións nos cemiterios municipais | Foto: cemiterio de Oza (Google)

Na súa demanda, CCOO sinalaba que o contrato do traballador cesado era, formalmente, de interinidade por acumulación de tarefas. Porén, o sindicato razoaba que, na práctica, era un traballador interino por causas estruturais, xa que cubría unha praza vacante que estaba prevista na relación de postos de traballo (RPT), polo que non respondía a unha circunstancia excepcional.

Por outra parte, tal como indicaban os servizos xurídicos de CCOO e ratifica a sentenza, o nomeamento era en fraude de lei, xa que se excedían as previsións legais ao superar o máximo do 20 % do total do persoal funcionario do centro directivo. Segundo a RPT municipal, constan dezaseis postos de traballo para a categoría de axudante de cemiterio, pero unicamente hai oito funcionarios de carreira en activo, máis tres interinos.

Ante esta situación, as tarefas correspondentes aos restantes cinco «estanse a atender indebidamente polo recurso a nomeamentos por acumulación de tarefas, en contradición coas previsións recollidas na normativa» laboral aplicable, sinala a sentenza.

Sentenza

Por todo isto, o Xulgado do Contencioso-Administrativo n.º 2 da Coruña considera que procede a continuidade do vínculo do traballador coa Administración local, que deberá readmitir o denunciante mediante a fórmula que legalmente correspondería, que é a de traballador interino por razóns estruturais. Tamén ten a obriga de respectarlle as condicións laborais previas e pagarlle os salarios desde a data de cesamento —en decembro de 2017—, xunto cos xuros legais que correspondan.

Así mesmo, o Concello da Coruña é condenado ao pagamento das custas xudiciais. Contra esta sentenza cabe recurso de apelación.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....