Información

Difundese na rede dous videopoemas colectivos de Manuel María

Información
28 Mayo 2016 3309 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A área de Cultura da Deputación da Coruña difunde na rede dous videopoemas colectivos,elaborados dentro do programa "Manuel María somos nós" co que homenaxeou e difundiu a obra do autor a quen se lle dedicou este ano o Día das Letras Galegas.

O videopoema colectivo #OMeuManuelMaría e o videopoema documental "De oficio poeta" xa están na rede para contribuír a difundir e homenaxear a figura do escritor Manuel María, autor protagonista do Día das Letras Galegas deste ano.

#OmeuManuelMaría, videopoema colectivo, é o resultado dunha convocatoria enviada mediante redes sociais, que propoñía ás persoas participantes gravarse recitando o poema "Galiza", de Manuel María. Unha vez compartido ese vídeo en redes co cancelo #OMeuManuelMaría, ou ben enviado por canles coma youtube, email ou dropbox, realizouse unha recopilación e montaxe de todas as achegas. Así, o vídeo resultante é un recitado colectivo en formato audiovisual do poema "Galiza". Especial repercusión tivo o proxecto no ámbito educativo e na mocidade, destinataria privilexiada do proxecto.

"De oficio poeta" trátase, pola súa parte, dunha ollada experimental á obra de Manuel María, cun formato curto e unha linguaxe que camiña entre o documental e a videopoesía. Conta coa colaboración de persoas próximas a Manuel María: Pilar Pallarés, Xulio L. Valcárcel, Felipe-Senén, Uxía, Margarita Ledo e Mercedes Queixas Zas. No videopoema, Manuel María fala a través dos seus propios poemas e a partir de obxectos que dalgún xeito o representan.

"O programa ten nestes videopoemas un epílogo vivo, que continuará achegando a través das redes a figura e obra de Manuel María, en especial, nas novas xeracións que é cara onde quixemos incidir co proxecto da área de Cultura da Depuatción, con iniciativas tamén como o fotocol participativo ou o obradoiro", explicou Goretti Sanmartín, responsábel da área de Cultura da Deputación

As ligazóns dos videopoemas son as seguintes: "De oficio poeta": https://www.youtube.com/watch?v=DEcuG4jl_xY "De oficio poeta" subtitulado para persoas xordas:  https://www.youtube.com/watch?v=TNYBdYeZeQI

#OMeuManuelMaría: https://www.youtube.com/watch?v=ql43auP4Rvk

lineaazul 1600

TODOS CON EL MOVIMIENTO "S'HA ACABAT! - JOVES PER LA DEFENSA DE LA CONSTITUCIÓ” Y CONTRA LA VIOLENCIA NACIONALISTA EN CATALUÑ…

16-10-2019 Votos:205 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

SEÑORA CON UNA BANDERA ESPAÑOLA AGREDIDA MUY VIOLENTAMENTE EN CATALUÑAEL GOBIERNO ESPAÑOL, FRENTE A LA...

II. Sistemas defensivos y pecios en la costa lucense a principios del siglo XIX

16-10-2019 Votos:199 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

Julio F-Sanguino Fernández En un anterior artículo se detallaban algunas acciones navales en la costa lucense...

I. Sistemas defensivos y pecios en la costa lucense en el siglo XVIII

16-10-2019 Votos:219 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

 Julio F-Sanguino Fernández Los numerosos conflictos entre España y Gran Bretaña durante el siglo XVIII tendrían...

Grabaciones de las coversaciones de altos cargos de Pemex y los adjudicatarios de contratos entre los que se podróia encontrar Mar…

15-10-2019 Votos:346 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

Grabaciones de Oro Negro, útiles para indagar corrupción en Pemex: Gerardo Reyes; Funcionarios espiados, clave...

Joven Dolores, (David Serra y Joan Barbé) ex Statuas de Sal y Projecte Mut. En concierto Santiago de Compostela 18 de Octubre

15-10-2019 Votos:350 Agenda de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

< 4 Octubre 2019 - Luz de Gas - Barcelona18 Octubre 2019 - Sonar Club - Santiago de...

La Virgen del Pilar llora y añora a Manuel Rosa, Manuel Linde, José Morata y José Piñeiro

13-10-2019 Votos:704 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

  La Virgen del Pilar llora y añora a Manuel Rosa, Manuel Linde, José Morata y...


lineaazul 1600

lineaazul 1600

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+