A organización xuvenil do BNG escolleu as novas responsabilidades na asemblea comarcal celebrada o 11 de febreiro.

A organización xuvenil do Bloque Nacionalista Galego, Galiza Nova, vén de renovar as responsabilidades na comarca de Compostela. Na Asemblea Comarcal Aberta celebrada o día 11 de febreiro na capital do país, a militancia elixiu como novo Responsábel Comarcal a Alberte Calo, quen estará acompañado na Responsabilidade de Organización por Argantael Kerdudo. Ademais, fan parte da nova Dirección Comarcal Navia Rivas e Alexandre Garrido, números 2 e 15 da candidatura do BNG ao concello de Santiago de Compostela. Completan o organismo Alba Barcia, Manuel Magán e Miguel Lozano.


A militancia afronta con ilusión a nova etapa, na que a actividade estará inevitabelmente marcada polas vindeiras eleccións. Dende a nova Dirección Comarcal afirman que o traballo xa comezou e que a primeira gran cita será a Folga de mulleres do 8 de marzo.

social youtube xornalgalicia   feed-image