O CPXG ofrécese a organizar o debate das próximas eleccións á Xunta de Galicia

Información
31 Agosto 2016 | 4390 votos Regístrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do Parlamento de Galicia, que ten a representación legal dos xornalistas galegos, fai un ofrecemento ás principais forzas políticas con expectativas electorais para organizar o debate entre os candidatos que optan á presidencia da Xunta de Galicia.

O Colexio de Xornalistas manifestouse sempre a favor dos debates entre os diferentes candidatos en período electoral como un instrumento fundamental da democracia.

Deste xeito, o CPXG poñerase en breve en contacto coas oficinas dos distintos candidatos para poder materializar a proposta e fixar un lugar e día para celebrar o encontro.

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.">Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. http://www.xornalistas.com/">www.xornalistas.gal Tel. 981 93 56 70 Fax 981 93 56 69