Propostas aos partidos políticos, dende a Educación Social

Información
05 Agosto 2016 | 4999 votos Regístrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

Están moi preto as eleccións ao goberno galego, e dende o Ceesg contactamos cos diferentes partidos políticos para compartir a nosa visión da realidade social e as necesidades que detectamos, e así contribuír dende a nosa profesión á construción dunhas políticas públicas máis eficaces para a cidadanía.

Recollemos nun documento propostas concretas de medidas relacionadas con varios ámbitos da educación social, realizado a través dun proceso participativo con todo o colectivo colexial, como coñecedor da realidade coa que traballamos cada día. O resultado achegámosllo no arquivo axunto, para a súa difusión e esperando que sexa do seu interese.

Concretamente, os partidos aos que se lle achegaron as propostas foron: Anova, BNG, Cerna, Compromiso por Galicia, Ciudadanos, Equo, Espazo Eco-socialista, Esquerda Unida, Partido da Terra, Partido Popular, Podemos, PSdeG-PSOE, e Terra Galega.