Información

Leiceaga pide reactivar a Comisión de Estudo contra a Corrupción, para situar a Galicia na “primeira liña da loita contra a corrupción” e pillar de unha vez por todas a Feijóo..

Información
04 Junio 2018 11078 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, propuxo hoxe reactivar a Comisión de Estudo contra a Corrupción, posta en marcha na pasada lexislatura e pendente aínda de aprobar as conclusións, para situar a Galicia na “primeira liña da loita contra a corrupción”. O obxectivo, dixo, é evitar que se reproduzan nesta Comunidade Autónoma as prácticas do PP recollidas na sentenza da Gürtel.

 

O responsable socialista propuxo así a establecer unha fiscalía anticorrupción en Galicia, así como medidas para protexer aos denunciantes internos da administración que “precisan de protección especial para incentivar o labor de control”. Neste sentido, explicou que a Gürtel “nace dun funcionario que deu o paso e, se escoitamos o que tivo que pasar dende entón, entendes que custe tanto denunciar estas prácticas”.

Leiceaga instou neste sentido a Feijóo a ofrecer “declaracións claras” logo dunha sentenza que sitúa ao seu partido como responsable a título lucrativo, e debulla a trama como un sistema de corrupción institucionalizado no que determinadas empresas traballaban para o PP a cambio de comisións que pasaban á caixa B na que “aí está M. Rajoy”. Ademais, apuntou, “nin o fiscal nin os maxistrados dan veracidade á testemuña de Rajoy”.

O responsable socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que estableza un “muro de separación nítida entre o goberno de Galicia e as prácticas do PP recollidas na sentenza” e que afectan a bo número de concellos e gobernos autonómicos. Trasladou as súas dúbidas logo da fidelidade manifesta por Feijóo cara ao presidente do Goberno en canto á falla de autocrítica e preguntoulle se “no mesmo caso tería dimitido”.

Lembra ademais que o que fora secretario de Organización do PP galego, Pablo Crespo, foi condenado neste xuízo e admitiu a existencia da “caixa b”. O mesmo que, lembrou, foi mantido por Feijóo dentro de Portos cando o hoxe presidente da Xunta era conselleiro de Política Territorial.

Sucesión de Rajoy

Ademais, esixiulle ao presidente da Xunta que “non poña os seus intereses particulares na promoción interna do PP por diante dos intereses de Galicia”. Aludiu neste sentido a unha eventual candidatura do actual presidente galego a suceder a Rajoy en Madrid, o que require do “coñecemento rápido das decisións que, se se producen, afectan á gobernabilidade de Galicia”.

Instou ao presidente galego a que, no seu caso, “non someta a Galicia a unha situación de interinidade que debilite a capacidade de actuación do goberno galego” pola súa posible ausencia.

Reivindicacións

O responsable socialista confirmou que, logo do cambio de goberno en Madrid, o Grupo Socialista continuará defendendo cuestións fundamentais para Galicia, subliñando que “non vamos cambiar a nosa posición polo cambio de goberno, e agardamos que o resto dos grupos tampouco o faga”.

Neste sentido aludiu á reclamación de execución dos prazos de investimentos no AVE, a inclusión de Galicia no Corredor Atlántico de Mercadorías por Ferrocarril, ou a solicitude de transferencia da AP-9. Con relación á axenda social, lembrou a demanda de supresión do copago de medicamentos, a actualización das pensións conforme ao IPC e retomar o nivel de financiamento da Dependencia, e renovou a demanda de criterios favorables a Galicia con relación ao modelo de Financiamento Autonómico.

 

lineaazul 1600

La UnionGC, Unión de Guardias Civiles crea la figura del Defensor del Agente, en apoyo definitivo y claro a sus compañeros y espec…

17-10-2019 Votos:382 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

JOSÉ PIÑEIRO GONZÁLEZ  - 17 Oct 2019 - 17:45 CEST Guardias Civiles expulsados por solicitar permiso para poder solicitar una...

La UniónGG Unión de Guardias Civiles solicita reunión urgente al Director General en garantía de Guardias Civiles desplazados a Ca…

17-10-2019 Votos:346 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

JOSÉ PIÑEIRO GONZÁLEZ  - 17 Oct 2019 - 06:44 CEST Marcelino Bermúdez Vocal en el Consejo Guardia Civil por...

SUS ZAPATOS SON LOS NUESTROS

17-10-2019 Votos:321 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

El pasado martes, 15/10/2019 las dos marchas de mujeres y hombres pensionistas españoles, que procedían...

Estudan as causas da mortalidade de amieiros nas concas dos ríos Miño, Sil e Limia

17-10-2019 Votos:315 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

Investigadores da EPS de Enxeñaría, á esquerda, na presentación do convenio entre a USC e...

TODOS CON EL MOVIMIENTO "S'HA ACABAT! - JOVES PER LA DEFENSA DE LA CONSTITUCIÓ” Y CONTRA LA VIOLENCIA NACIONALISTA EN CATALUÑ…

16-10-2019 Votos:564 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

SEÑORA CON UNA BANDERA ESPAÑOLA AGREDIDA MUY VIOLENTAMENTE EN CATALUÑAEL GOBIERNO ESPAÑOL, FRENTE A LA...

II. Sistemas defensivos y pecios en la costa lucense a principios del siglo XIX

16-10-2019 Votos:596 Localidades de Galicia Redacción Xornal Galicia - avatar Redacción Xornal Galicia

Julio F-Sanguino Fernández En un anterior artículo se detallaban algunas acciones navales en la costa lucense...


lineaazul 1600

lineaazul 1600

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+