Información
Xunta de Galicia

AS ILEGALIDADES NOS HELICÓPTEROS DAS EMPRESAS AMIGAS DE FEIJOO NA XUNTA SON DE DÍA SÍ, DÍA TAMEN, OS CIUDADÁNS SE PREGUNTAN, COMO PODE SER QUE DE 365 DÍAS DO ANO NON CUMPRAN COA LEGALIDADE UN SO DÍA DENDE 2009

Información
07 Octubre 2018 584 votos

TRAMAHELICOPTEROSXUNTA ILEGALIDADESUn helicóptero Augusta Bel 412 Grifón ten o seu helibalde limitado a algo menos de 1.000 litros cando o prego de condicións técnicas que rexe o contrato é de 1.300.  OS TRIPULANTES POSTOS EN PERIGRO DE MORTE INDUCIDA POLA ADMINISTRACIÓN DO PPdeG.

Ademais do anterior o citado helicóptero non ten ningún tipo de escaleira ou peldaño para que poida subir a brigada ao aparato o que produce que teñan que superar unha distancia vertical de 96 cm o que pode supoñer riscos e lesións ademais de dificultar as operacións de embarque e desembarque dos integrandes da brigada helitransportada podendo dar lugar a potenciais accidentes de traballo.

O helicóptero, de máis de 30 anos de antigüidade, pertence a empresa UTE-INAER Galicia (actualmente Babcock/Consultoría Natutecnia, S.L.) que acumula numerosas irregularidades que xa temos denunciado dende a CIG-Autonómica.

 

A CIG ven de solicitalle á Consellaría do Medio Rural que se tomen as medidas oportunas para que a empresa solucione o problema da carencia da escaleira para subir ao elecóptero e a correspondente sanción ou, no seu caso, a rescisión do contrato por incumprimento reiterado das prescricións técnicas do contrato no tocante á capacidade do helibalde.

A CIG-Autonómica ven de solicitar novamente a rescisión do contrato a Inaer Galicia (actualmente Babcock/Consultoría Natutecnia, S.L.) por incumprimento reiterado das prescricións técnicas que rexen o contrato de prestacións de servizos dos helicóptoros de loita contra os lumes.

A CIG indica que a empresa ten un contrato dun helicóptero e brigada, con destino no SPDCIF para os anos 2015, 2016, 2017 e prorrogado ate o 2019 con destino na base de Toén en Ourense pero a empresa concesionaria leva dende o mes de xullo de 2017 sen o helicóptero Puma matrícula EC-JYP obxecto do contrato e foi substituído por outro superpuma AS332L2.

Que o helicóptero substituto ten un helibalde limitado a unha capacidade de soamente 2.200 litros cando o artigo 2.2 do prego de prescricións técnicas que rexen a contratación esixe "un helibalde cunha capacidade mínima de 2.400 litros". A base non conta, tampouco cun helibalde de reposto, e ademais podería ter unha capacidade de carga en eslinga 3.500 litros ao tratarse dun aparato coa potencia suficiente.

Por todas estas irregularidades a CIG-Autonómica ven de solicitar a rescisión do contrato á empresa Inaer Galicia (actualmente Babcock/Consultoría Natutecnia, S.L.) por unha irregularidade que se ven a acumular ás numerosas máis que ten denunciado este sindicato.

A empresa UTE-INAER Galicia (actualmente Babcock) /Consultoría Natutecnia, SL, foi contratada pola Xunta de Galiza Consellería de Medio Rural  para o servizo dun helicóptero e unha brigada, con destino ao SPDCIF durante os anos 2015, 2016 e 2017 (con prorrogas ate 2019) destinado na base Ourensán de Toén no distrito forestal XII Miño-Arnoia (Expediente 15/2015).

Esta empresa  concesionaria leva dende outubro do 2017 sen o helicóptero Puma con matrícula EC-JYE, e co helicóptero Bell 412 con matrícula EC-MKS substituíndo ao anterior.

A concesionaria está incumprindo dende outubro o artigo 7 do Prego de prescricións técnicas que rexen a contratación dun servizo integrado dun helicóptero e brigada, con destino á prevención e defensa Contra incendios forestais durante os anos 2015, 2016 e 2017 (Expediente 94/14-I) 'As empresas licitadoras deberán presentar unha ou un conxunto de aeronaves de substitución de características similares ou superiores ás ofertadas na licitación, sendo preferible que sexan do mesmo modelo que estas'.

Dado que  o helicóptero de substitución non cumpre as características do Prego de prescricións técnicas, artigo 2.3 'características técnicas do helicóptero de tipo pesado', no tocante ao peso do aparato, capacidade de persoal de transporte, capacidade mínima do 'Bamby Buckett' entre outras.

Ante todo este cúmulo de irregularidades e incumprimentos a CIG ven de solicitar a rescisión de contrato A Inaer Galicia (actualmente Babcok)/Consultoría Natutecnia SL por incumprimento reiterado das prescricións técnicas do servizo (artigo 10.10 do Prego de cláusulas administrativas).

A empresa UTE-INAER Galicia (actualmente Babcock)/Consultoría Natutecnia, SL con contrato prorrogado ata o 2019 para un helicóptero coa súa brigada na base ourensá de Toén (Distrito Forestal XII) tivo durante o día 25 de xuño un aparato Bell 412 con matrícula EC-KUV, un B3 con matrícula EC-LBV e a maiores aterrou na base un helicóptero super puma MK2 con matrícula G-REDM que permaneceu na base ate o día 27 de xuño mentres o persoal da empresa estaba revisando o citado aparato.

Que a base de Toén non cumpre a normativa para poder albergar tres helicópteros coa súa tribupación.

Que o helicóptero a maiores non está contratado pola administración e está a utilizar as instalacións da base de Toén de forma irregular e en beneficio da propia empresa.

A CIG ven de solicitar que se tomen as medidas oportunas para sancionar á empresa por utilización irregular dunha base da Xunta de Galiza así como as aclaracións de que facía ese aparato na base de Toén e se tiña algún problema mecánico.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!