Información
Vigo

Vigo fixo balance este mércores do rastro do temporal "Laura" ao seu paso pola cidade.

Información
06 Marzo 2019 238 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Abel Caballero destacou que non houbo que lamentar danos persoais e explicou que o rexistro de precipitacións de auga foi excepcional, con máis de cinco litros por metro cadrado en tan só dez minutos. 

Policía Local de Parque de Bombeiros de Vigo atenderon durante as últimas horas máis dun centenar de incidencias (70 ata as catro da madrugada) debido ao temporal "Laura", que deixou rexistros de récord na cidade.

O alcalde, Abel Caballero, explicou en rolda de prensa que as precipitacións recollidas durante o martes foron de 41 litros por metro cadrado e só entre as 21:00 e 22:00 horas foron 17 os litros recollidos (5,3 en dez minutos).



A maioría das incidencias foron obxectos na vía pública, como colectores; tapas do sumidoiro, inundacións en rúas e baixos, caídas de árbores e ramas, problemas no alumeado público e cortes de rúas polas balsas de auga.

Os principais problemas de tráfico rexistráronse nas rúas Olímpicos, Cañiza, Areal, Julián Estévez, alcalde Portanet, saída da AP9 ao Porto, arquitecto Palacios e na estrada Garrida – Valadares. 

Balaídos
Respecto das inundacións na contorna de Balaídos, o alcalde explicou que a rúa Olímpicos sufriu inundacións "moito menores ás rexistradas en anos anteriores" grazas ás obras de mellora no colector de Balaídos durante a reforma de Tribuna e tamén a que o auga da nova cuberta é desviada agora cara á rúa Val Miñor.

"Coa obra de reforma da grada de Gol, quedará eliminado o problema definitivamente, posto que o proxecto contempla prolongar o colector máis alá de Olímpicos", sinalou Caballero tras explicar que as inundacións se producen pola auga da choiva procedente de Coia e non tanto polo canle do Lagares.

Ademais, o alcalde explicou que o pasado 5 de outubro o Concello solicitou a Augas de Galicia a limpeza e mellora do Lagares á altura de Balaídos antes a posibilidade de novas inundacións e recibiu contestación negativa. "Xa decidimos facelo nos, outra vez paga Vigo", abundou

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Preto de 20 colectivos galegos responderon ao chamado da...

"Ourense convértese nestes días na capital nacional das ciencias...

Na primeira xornada imos festexar o Día Internacional dda...

Os versos de Salvador García-Bodaño (Vigo, 1935) encherán este...

lineaazul 1600