Información
Vigo

O rexedor anima aos estudantes vigueses a sumarse á candidatura das illas Cíes

Información
01 Febrero 2019 211 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A candidatura das illas Cíes a Patrimonio Mundial da Unesco implica aos máis novos da cidade a través do programa educativo "Planeta Cíes", unha serie de oito unidades didácticas coas que traballarán nas aulas para achegarse aos valores naturais, ambientais e culturais do arquipélago.


Abel Caballero animou esta mañá ao alumnado de trece centros vigueses a sumarse á candidatura incrementando a súa sensibilidade cara a conservación e preservación da riqueza das illas Cíes. Os estudantes da ESO, máis de 500, traballarán nos próximos meses nas aulas cos contidos especializados coñecendo as particularidades das Cíes e prepararán o seu propio proxecto de candidatura.

O acto celebrado hoxe no Auditorio Mar de Vigo serviu de inicio do programa e contou coa presenza de profesorado e alumnado do CPR Andersen, CPR Monterrey, CPR Possumus, CPR Quiñones de León, CPR Rosalía de Castro, CPR San José de la Guía, IES Beade, IES Carlos Casares, IES Castelao–Vigo, IES Politécnico de Vigo, IES República Uruguai, IES Santa Irene e o IES Santo Tomé Freixeiro.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...

- Trátase da 4ª edición desta carreira de aventuras por equipos...

A secretaría das Mulleres da CIG presentou esta mañá, en...

Destacado Campionato de Galicia de lanzamentos longos Sub16/18/20...