Información
Vigo

Vigo revalidou a posición como mellor pagadora de España

Información
08 Enero 2019 177 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Vigo situouse "de novo" no mes de decembro á cabeza das administracións de España pola súa premura no pago a provedores. Cunha media de 7,4 días de demora, o Concello paga case "de forma inmediata", fronte a outras cidades como A Coruña, que tarda 54 días de media ou Ourense que o fai en 112 días.



O Concello de Vigo volveu ser en decembro a administración española mellor pagadora con 7,4 días, o período máis baixo de pago de ningunha institución pública en España. Logo de abonar 147.000 millóns en 13.300 facturas en 2018, Vigo rematou o ano pagando en 7,4 días de media, mentres que en outubro e novembro ese prazo foi de 12,2 e de 9,9 días respectivamente, sendo tamén o período máis baixo de toda España.

En comparación con outras cidades, A Coruña paga en 54 días de media; Santiago, en 81; Ourense, en 112; Pontevedra, en 33; Málaga, en 23; Sevilla, 49; Zaragoza, 49; Gijón, 24; mentres que a Xunta de Galicia o fai en 15 días. Caballero, quen amosou o seu "orgullo" por esta situación froito da colaboración de todo os servizos municipais, explicou que a eficiencia no pago é moi importante para as empresas porque permite estimular a economía e o emprego

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...