Información
Vigo

O Concello non prorrogará a concesión do bus urbano de Vigo

Información
28 Diciembre 2018 304 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O goberno de Vigo acordou non executar a prórroga da concesión do autobús urbano -formalizada en 1995-, segundo informou o alcalde este venres, co obxectivo de adaptar e modernizar o servizo cun novo concurso. Ademais, Abel Caballero anunciou que as tarifas do VITRASA -ordinaria e bonificadas- non subirán o próximo ano.


O goberno de Vigo acordou non executar a prórroga automática que prevé a concesión actual do autobús urbano, decisión que comunicará á empresa Vitrasa. Segundo trasladou Caballero, o contrato -adxudicado en 1994 e formalizado en 1995- ten unha duración de 25 anos e contempla a prórroga automática deste salvo comunicación expresa por algunha das partes, cuestión que vén de adoptar este venres o Concello de Vigo.

O alcalde vigués explicou que a actual compañía presta un bo servizo e a decisión de non prorrogar o contrato responde á necesidade de modernizar e adaptar o autobús urbano á actualidade, pois as bases da concesión actual son de 1994. O goberno de Vigo, engadiu Caballero, traballa na elaboración dos pregos que rexerán o novo concurso público.

Tarifas conxeladas
Tamén relacionado co autobús urbano, o alcalde anunciou a conxelación do prezo do autobús para 2019, que non sufrirá suba algunha nin no prezo ordinario nin nos bonificados. Trátase da sétima vez que o goberno dirixido por Caballero conxela ou rebaixa as tarifas do autobús, logo de facelo nos anos 2008, 2011, 2013, 2014, 2015 e 2016.

O alcalde puxo en valor os "prezos moi medidos" do autobús urbano vigués. Así, aseverou que o billete ordinario, nos últimos cinco anos (desde 2014), pasou de 1,32 a 1,35 euros, unha suba media do 0,4% cada ano, mentres que o prezo bonificado coa tarxeta PassVigo se incrementou unicamente tres céntimos en sete anos, desde o ano 2012 ao 2019.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

El próximo sábado 27 de Abril de 2019 a las 15.00 horas arrancará...

lineaazul 1600