Información
Vigo

Tres estudos galegos, finalistas no concurso pola Zona Franca para construír o World Car Center de Vigo.

Información
23 Diciembre 2018 329 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou este venres a calidade das propostas recibidas para a construción do World Car Center (WCCV) do Consorcio da Zona Franca de Vigo. O xurado, presidido por David Regades e composto por prestixiosos arquitectos, valorou que sexan 16 e non 15 os estudos que pasen á segunda fase para elixir de entre eles ao gañador final.



"Felicito aos promotores, é un novo espaldarazo para a cidade da automoción, un edificio que estará ao carón de Balaídos e do río Lagares, convertirase nun lugar referencial en España e en Europa albergando I+D, capacidade e modernidade", destacou o rexedor.

O xurado do concurso de arquitectura para o deseño e execución do World Car Center de Vigo fixo público este venres os nome dos 16 finalistas que agora recibirán 3.750 euros máis IVE para realizar os seus anteproxectos sobre os que, nunha segunda avaliación, que se fará pública a mediados de abril, poderase coñecer finalmente o nome da firma encargada de elaborar o deseño definitivo desta obra.

Tal e como reiterou o delegado, David Regades, o empeño de Zona Franca é lograr levantar en Balaídos un edificio emblemático, "unha auténtica icona que actúe como a mellor carta de presentación da potencia do sector de automoción da área de Vigo" dixo.

O WCCV será unha construción de 14.000 metros cadrados composta por dous inmobles comunicados entre si por catro plantas dun edificio preexistente e para o que está prevista un investimento que superará os 14 millóns de euros.

Nesta construción aloxarase a sede da aceleradora de empresas de automoción de Galicia, a Business Factory Auto ( BFA), a nova incubadora do sector, a High Tech Auto (proxecto gañador da convocatoria de lncubadoras de Alta Tecnoloxía financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ( Feder), un novo laboratorio para prototipos ou Fab Lab, un impactante vestíbulo de entrada dotado de importantes medios tecnolóxicos; e, ademais, destinarase a outros usos tales como un salón de congresos, espazos de oficinas en réxime de aluguer, un espazo de restauración, ademais dun garaxe-aparcadoiro.

Calendario
Segundo as bases do concurso, estes dezaseis finalistas teñen agora tres meses para elaborar o seu anteproxecto, co que, a principios do mes de abril deberán estar presentados todos os traballos no Consorcio da Zona Franca para a súa avaliación. A partir desa data, o xurado terá 45 días para analizar as propostas e dar a coñecer o estudo gañador, decisión que se tentará adiantar a mediados de abril.

A firma seleccionada terá entón sete meses para realizar o proxecto básico e de execución máis un estudo de detalle co que se espera que a cidade poida coñecer o edificio na súa totalidade en decembro de 2019. Este gañador farase cargo do 50% da dirección de obra xa que o outro 50% realizarase polos propios técnicos de Zona Franca.

O proxecto gañador recibirá un primeiro premio de 30.000 euros que se restarán dos honorarios do contrato que ascende a 750.000 euros. Para participar nesta fase, os concursantes tiveron que presentar un dossier coa selección de tres das súas obras sobre as que segundo os criterios para a selección figuran nas bases. O limiar mínimo de puntuación foi de 10 puntos sobre unha puntuación total de 30 puntos.

Listado das firmas seleccionadas
ARANGUREN Y GALLEGOS ARQUITECTOS, S.L.P.
DOMINIQUE PERRAULT ARCHITECTURE
GUILLERMO VÁZQUEZ CONSUEGRA ARQUITECTO, S.L.P.
IRISARRI-PIÑERA, S.L.N.E.P.
MANGADO Y ASOCIADOS, S.L.
NIETO SOBEJANO ARQUITECTOS, S.L.P.
ARROYO MUÑOZ EDUARDO
PAREDES PEDROSA ARQUITECTOS, S.L.P.
SANCHO-MADRIDEJOS ARCHITECTURE OFFICE, S.L.P.
TUÑON ARQUITECTOS, S.L.P.
U.T.E. CESAR PORTELA, S.L.P. - REBOREDA MARTÍNEZ ANTONIO, SLNE - JORGE SALGADO CORTIZAS - CELSO LÓPEZ MARTIN
U.T.E. VICTORIA ACEBO GARCÍA / ANGEL ALONSO ORTÍZ
U.T.E. ESTEBAN BONELL / JOSÉ MANUEL CASABELLA / JOSÉ MARIA GIL / JOSÉ LUIS MARTÍNEZ
U.T.E. VIER ARQUITECTOS, S.L.P / TEMHA, S.L.
U.T.E. MTM ARQUITECTOS, S.L.P. / NODO 17 GROUP, S.L.P.
VAÍLLO IRIGARAY Y ASOCIADOS, S.L.P.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As rúas de Ferreira acolleron durante a xornada de onte e hoxe...

Pablo Rivera Capón, o Concelleiro de Deportes de Lugo, Miguel...

23.03.2019. O club CastroBike, federado hai apenas 4 anos, conta...

Estimada lectora, estimado lector,

O 26 de marzo a Unión Europea...

lineaazul 1600