
A Asemblea por un Vigo +Social critica o elevado gasto previsto un ano máis para o alumeado de Nadal, mentres seguen sen atenderse as necesidades reais da cidadanía viguesa.
- Información
- Vigo
A Asemblea por un Vigo +Social critica o elevado gasto previsto un ano máis para o alumeado de Nadal, mentres seguen sen atenderse as necesidades reais da cidadanía viguesa.
- Información
- 22 Noviembre 2018 440 votos

“O Concello prefire esa iluminada realidade inventada, de falsa felicidade, onde só contan os intereses privados, a economía de traballos lixo ligados ao turismo e a imaxe de que todo vai moi ben, no que parece ser unha campaña electoral que nunca remata para o equipo de goberno municipal”, alertan desde a asemblea, que convocou unha rolda de prensa o próximo 23 de novembro, ás 11.30 horas na Farola de Urzáiz, para esixir “que se priorice a vida, a xustiza social e as necesidades das persoas por riba das banalidades, os adornos e os intereses privados”.
Na nosa cidade, a real e escura, a non iluminada, as veciñas non reciben axuda debido á suposta insuficiencia de orzamento por parte do Concello
A este respecto, sinalan que os servizos sociais máis básicos están hoxe en mans de grandes empresas privadas, que resultan as máis beneficiadas polas políticas do goberno municipal, como exemplifican as millonarias indemnizacións pagadas nos últimos anos aos aparcadoiros subterráneos ou ao ruinoso auditorio Mar de Vigo. “Ao mesmo tempo, na nosa cidade, a real e escura, a non iluminada, as veciñas non reciben axuda debido á suposta insuficiencia de orzamento por parte do Concello”, apuntan desde a Asemblea por un Vigo +Social.
Unha cidade 'escaparate'
“Non hai cartos nin vontade para combater problemas tan reais como a suba constante dos prezos dos alugueiros e a dificultade de moitas de nós para acceder a unha vivenda digna, para combater a pobreza enerxética, para impedir o peche da oficina de atención ás migrantes ou o recorte de persoal nos Servizos Sociais”, engaden desde o colectivo. Consideran que no actual modelo de cidade 'escaparate' só teñen cabida as persoas con capacidade de participar no consumismo de Nadal, excluíndo máis ás empobrecidas. “As institucións públicas, supostamente creadas e destinadas a garantir unha vida digna para todas, prefiren deixar nas sombras a realidade cotiá, antipática e pouco fotoxénica”.
- Detalles
- Categoría: Vigo
- Visto: 440
A Deputada de Cultura presentou a nova programación gratuíta...
El partido entre tinerfeños y gallegos se disputará el domingo,...
El Campeonato Gallego Juvenil de Waterpolo se disputará un año...
FranquiAtlántico, el Salón de franquicias de referencia en el...
- Double-Double, Zoelas, Ana Alcaide, Fernando Barroso & Margarida Mariño e Candorka Trío no MusicAD
- O equipo de Goberno de Baltar aproba instar a Xunta de Galicia (PPdeG) a que implante a asistencia hemodinámica 24 horas no CHUO
- Propoñen controlar coa cochinilla algodonosa a expansión da especie invasora uña de gato
- Hoy sale a la venta el primer larga duración de Alba Messa, donde muestra una evolución musical y su madurez como compositora
- O TSXG anula a decisión unilateral da CRTVG de atribuille aos seus redactores as funcións de edición propias dos operadores e operadoras de video.
- Mar Sanchez Sierra, asesora personal de Feijóo aparece relacionada con turbios negocios relacionados con fallecidos y incendios forestales que califican ellos mismos de terrorismo incendiario
- O Concello cooperará coa organización do 25 aniversario da Facultade de Ciencias do Mar
- Los altos cargos del PPdeG, del equipo de Feijóo montan empresas que se llevan la mayor parte del dinero público de la Xunta de Galicia en beneficio propio.
- Ácido hialurónico: beneficios y usos
- Martiño Noriega "atenta contra la libertad de expresión y la libertad de prensa bloqueando la información pública.
- Inicio
- Portada
- Actualidad
- Galicia
- A Coruña
- Lugo
- Ourense
- Pontevedra
- Vigo
- Santiago
- Localidades
- Eventos
- Noticias en Archivo
- Xunta de Galicia
Xornal Galicia
• Norte A Coruña Lugo Santiago |
Xornal de Galicia para el Mundo |
|
Guía de Empresas Españolas
Noticias de empresas en Xornal Galicia...+
Empresas o Personas en el BORME
Turismo de Galicia
Darme de alta gratis Directorio Web de las empresas en Galicia
Darme de alta gratis en el Directorio Web del Turismo en Galicia -
Darme de alta gratis Club de Socios Pladesemapesga
Darme de alta gratis en el Directorio Directorio Deportivo de Galicia -
Darme de alta gratis Directorio Guías de acuicultura
Directorio Guías del mundo de la acuicultura




www.pladesemapesga.com - www.actualidadiberica.com - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com - www.xornaldegalicia.es - www.xornalgaliciasur.com - www.xornalgalicianorte.com - - www.diariomaritimo.com - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com - www.ventanadeportiva.com - www.miradordeportivo.com




