Información
Vigo

A Corporación Municipal de Vigo deu este xoves o visto e prace cos votos do PSOE á aprobación inicial das partidas orzamentarias para o ano 2019.

Información
15 Noviembre 2018 211 votos

O alcalde destacou que se trata do orzamento "máis importante da historia" da cidade con "máis inversións e máis política social". Os grupos municipais da Marea e do PP votaron en contra.

"Quedan aprobados os orzamentos máis inversores, máis sociais e máis importantes da historia da cidade". Así pechou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, este xoves o pleno extraordinario no que a Corporación Municipal deu o visto e prace á aprobación inicial dos presupostos para o ano 2019 cun montante total de 257,5 millóns de euros.



Os votos do PSOE -PP e Marea de Vigo votaron en contra- serviron así para que o goberno local sacase adiante o décimo segundo orzamento aprobado de xeito consecutivo. O concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, defendeu o documento económico por estar elaborado con equilibrio, débeda cero, impostos e taxas e prezos públicos conxelados, o que da unha "mostra dunha estabilidade política total".

O edil defendeu a elaboración das partidas, que terán superávit e débeda cero, destacando que Vigo será a "primeira cidade de Galicia que presenta o seu orzamento" e a que máis diñeiro terá á súa disposición ao longo de 2019 "pese a que a Xunta inviste cero euros en Vigo e temos que pagar as súas obrigas".

Segundo destacou Aneiros, os orzamentos contemplan grandes partidas e mencionou algunha como as de Seguridade (35 millóns de euros), Urbanismo (34 millóns), Benestar Social (52 millóns), Medio Ambiente e Parques e Xardíns (10 millóns), fomento do Emprego (5 millóns), Educación (14 millóns) e Deporte (16 millóns).

"É un orzamento inversor que vai a mellorar a vida dos vigueses, garante os servizos públicos, conxela os impostos e son unhas partidas que redistribúen cunha evolución de axudas sociais", sinalou.

Pola súa banda, a grupo municipal da Marea de Vigo argumentou a presentación dunha emenda á totalidade dos orzamentos en base a falla dunha maior colaboración cidadá na elaboración das contas e dunha fiscalidade progresiva para baixar determinados impostos.

"Se ingreso e non gasto, non vou ter problema para ir aumentando o orzamento progresivamente", apuntou o seu portavoz, Rubén Pérez, antes de indicar que "recoñécese que quedan partidas sen executar e que o orzamento de 2019 inclúe partidas de 2018".

Ademais, a voceira do Partido Popular, Elena Muñoz, tamén xustificou o voto en contra do seu grupo municipal ao considerar que o 96 por cento das partidas destinadas a investimentos "son un curta e pega" do exercicio anterior e só 1,6 millóns de euros aparecen por primeira vez.

"Non presentan nada novo, é todo publicidade e propaganda, esta cidade perdeu peso empresarial porque non hai solo industrial e as empresas pagan máis impostos e marchan", indicou a edil "popular".

Carlos López Font, voceiro do grupo municipal do PSOE, respondeu que as emendas do Partido Popular "só fan referencia ao 4 por cento das contas e demostran que non leron os orzamentos". O edil destacou que as partidas significan "estabilidade" e son "continuistas para mellorar".

Modificación orzamentaria
Antes da aprobación inicial dos orzamentos, a Corporación deu tamén luz verde a unha modificación orzamentaria de 15,6 millóns de euros para o Auditorio Mar de Vigo. Aneiros defendeu a operación alegando que o rescate da infraestrutura apenas xerará custo para os vigueses, xa que o Concello ten previsto reducir gastos mediante a venda do hotel, dos baixos comerciais e mesmo do aparcadoiro. Así mesmo, deixarase de abonar o aluguer que o Concello pagaba pola sede da UNED, que ascendía a 650.000 euros.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 

Otros articulos relacionados.....