Información
Vigo

Vía Verde para rexenerar as vellas vías do tren cun carril bici e outro peonil

Información
23 Octubre 2018 206 votos

O alcalde, Abel Caballero, informou este luns en rolda de prensa da aprobación do proxecto da Vía Verde para rexenerar o vello trazado ferroviario entre o centro da cidade e o barrio de Teis creando un carril bici e outro peonil.


Segundo informou o rexedor, a Xunta de Goberno Local do pasado 18 de outubro deu o visto e prace a actuación cun importe de licitación de 1,4 millóns de euros e un prazo de execución de seis meses. A lonxitude total do tramo que será reformado é de 3,6 quilómetros e a anchura do carril terá 5 metros, tres de eles para as bicicletas e outros dous para os peóns.

O proxecto tamén inclúe a construción dunha pasarela de 51 metros entre a Vía Norte e a rúa Navarra, así como una rampla de 150 metros paralela a Avenida de Buenos Aires, ambas as iniciativas co obxectivo de facilitar o acceso á senda.

O Concello de Vigo xa firmou este ano un convenio co Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) para o aluguer da vía durante os vindeiros 20 anos e tamén recibiu do mesmo organismo a cesión de terreos na rúa Navarra durante outros 75 anos.

A Vía Verde terá, segundo avanzou Caballero, áreas de descanso, miradoiros, apeadeiro, paneis informativos, mobiliario e zonas de aparcamento. Ademais, co obxectivo de manter a orixe ferroviario da infraestrutura, tamén manterá a sinalización ferroviaria, así como tramos de railes. "Queremos que siga tendo o sabor ferroviario", sinalou o alcalde.

Humanización en Mantelas
A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o proxecto construtivo de beirarruas en Mantelas cun orzamento de 522.000 euros e un prazo de execución de 6 meses. A actuación incorpora cinco pasos de peóns, renovación de acometidas, rede de telecomunicacións, saneamento, pluviais e a rede de abastecemento, rede de alumeado público, nova sinalización vertical e horizontal.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....