Información
Vigo

Dezaseis compañías, nove delas galegas, actuarán no Auditorio do Concello dentro da programación municipal de Artes Escénicas de outono VigoCultura

Información
14 Septiembre 2018 132 votos

A presentación, que estivo presidida polo alcalde e polo concelleiro de cultura, Cayetano Rodríguez, na Praza do Rei, comezou cunha divertida representación de Doutor Milagre. "Vigo liberouse de complexos e somos unha fábrica dexerar cultura", asegurou Caballero, que lembrou que o ano pasado houbo 40.000 asistentes e máis de 275 actividades nesta programación municipal.



O concello financia estas actividades con 90.000 euros cada trimestre e, destacou o alcalde, "cada compañía desenvolve o seu traballo sen ningún tipo de dirigismo; esta é a nosa mostra de respecto á cultura". O rexedor manifestou ademais a súa satisfacción xa que "case todas as actuacións rexistran un cheo total e é unha programación totalmente consolidada".

A nova tempada comeza o venres 28 de setembro coa compañía Dani García e o seu espectáculo familiar Don Gelati que, ademais, o sábado ofrecerá un pasacalles pola rúa do Príncipe.Tamén haberá espectáculos para público adulto como o da compañía Yllana e os Primital Bros, "The Primitals", os días 5 e 6 de outubro.

A programación complétase con Spasmo Teatro con "El Mundo Lirondo" o 7 de outubro; "O servidor de dous amos", de Talía Teatro, os días 12 e 13 de outubro; "Rosa Caramelo e outras historias", tamén de Talía Teatro, o 14 de outubro; "A leituga", de Eme2 emocionarche, o 19 e 20 de outubro; " Patapatúm", de Elefante Elegante, o 21 de outubro; "Cáscaras vacías", da compañía Lazona, o 26 de outubro; " BB Circus", de Asacocirco, o 28 de outubro; "Una conferencia bailada", de Bddanza, o 2 de novembro; "Rojo Estándar", de Lanördika, o 4 de novembro; " Iberian Gangsters", de Teatro Meridional, o 9 de novembro; "Alquimia", de Mago Teto, o 11 de novembro; Susana Seivane actuará o 16 de novembro; "Concerto singular", de Píscore, o 18 de novembro; "Da avaricia, a luxuria e a morte", de
Teatro do Noroeste, o 23 de novembro e " Frankenstein. No soy un monstruo", de Pata Teatro, o 25 de novembro.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi