Información
Vigo

Vigo inicia a colocación das luces de Nadal cunha montaxe que este ano decorará 307 rúas

Información
12 Septiembre 2018 89 Votos

O alcalde anunciou que hoxe mércores arrancará a montaxe da iluminación de Nadal en Camelias, Pi i Margall, López Mora, Torrecedeira e Praza de Independencia, ata chegar ás 307 rúas que se van decorar este ano. En declaracións aos medios, explicou que, ademais do tradicional acto de acendido, o Concello programa para este Nadal un espectáculo audiovisual sobre a árbore da Porta do Sol, que este ano medirá 31 metros -un máis que o ano pasado-, cun espectáculo deseñado exclusivamente para Vigo que terá tres pases diarios.



O goberno local establecerá outros dous puntos notables de iluminación: a zona de Colón e confluencia de Urzaíz ocn gran Via, ademais de decorar os sete mercados municipais e algúns edificios singulares, como o MARCO, a Casa Galega da Cultura, a porta do antigo Tambelick, a Porta de Santa Rita, e Casa das Artes, entre outros. Tamén as prazas da Pedra, da Constitución, de Independencia, de Compostela, Fernando El Católico, a Colexiata e a de Joaquín Yáñez.

A iluminación contará con case 9 millóns de lámpadas led, cun millar de arcos e case que 1.478 motivos luminosos, bolas de doce metros de diámetro, 325 árbores naturais iluminadas, trece fachadas decoradas, dúas árbores de 11 metros e outros 28 de entre catro e cinco metros de alto, e o rotulado luminoso do Concello de 108 metros cadrados.

Caballero adiantou que o acendido da iluminación será en novembro, como o ano pasado pero nesta ocasión, o Concello proporá tres fins de semana e será a cidadanía a que decida que sábado quere que arranque esta iluminación festiva.

Convenio Igualarte
O alcalde avanzou que a Xunta de Goberno de mañá xoves dará luz verde ao convenio coa Fundación Igualarte. Cun importe de 10.000 euros, o obxectivo é cooperar cun espazo activo no que se traballa na arte con persoas con capacidades diferentes, entendendo que a arte é un dereito que pertence a todos.

Galicia: Por la dignidad de los medios públicos y privados "CORROMPIDOS" por el Partido Popular


 

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi