Información
Vigo

I Simposio Internacional sobre Pesca Marítima Recreativa

Información
12 Septiembre 2018 359 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

No marco do Proxecto SICORE, que lidera a USC para analizar o impacto socioeconómico e ambiental da pesca marítima recreativa (PMR) en España, o profesor Sebastián Villasante e o investigador Pablo Pita, ambos os dous da Universidade compostelá, coordinan esta semana en Vigo o I Simposio Internacional sobre Pesca Marítima Recreativa (ISMAREF 2018).


Nas costas de España practican a pesca recreativa aproximadamente 300.000 afeccionados, que contribúen notablemente ao desenvolvemento da economía por medio dos investimentos que realizan na súa actividade. Ao tempo, a pesca marítima recreativa opera en España nun marco legal complexo e disperso, con múltiples administracións involucradas en diferentes aspectos da actividade e con solapamentos de usos no medio mariño con outros sectores.

Neste contexto, o encontro internacional que terá lugar os próximos días 14 e 15 de setembro no Museo do Mar de Galicia abordará a necesidade dun maior esforzo investigador para xestionar esta pesca dunha maneira máis eficiente e así diminuír os conflitos entre pescadores recreativos e comerciais, e outros usuarios.



A última xornada do simposio estará dedicada enteiramente á elaboración dun Código de Boas Prácticas para a pesca marítima recreativa en España, que recollerá as propostas realizadas polos diferentes sectores involucrados e grupos de interese: pesca recreativa e comercial, ONGs, casas comerciais, Administracións Públicas e universidades.

SICORE
A Política Pesqueira Común recoñece que a pesca recreativa pode ter un impacto significativo nos recursos pesqueiros e por iso a Unión Europea comezou a lexislala de maneira conxunta coa pesca comercial. Para afrontar esta estratexia é necesario realizar un maior esforzo investigador que permita recompilar datos da actividade e así poder xestionala dunha maneira máis sustentable.

Non obstante, en España non existe unha recollida sistemática de información sobre a PMR en materia de participación, esforzo, capturas, gastos e perfil social dos pescadores, tal e como propón o grupo de traballo sobre pesca recreativa do International Council for the Exploration of the Sea. Esta cuestión pode resultar un problema, xa que se a Comisión Europea considera que España non está cumprindo as súas obrigas neste campo, podería impor sancións económicas tales como a imposibilidade de recibir fondos FEMP.

Para dar resposta a esta necesidade naceu o Proxecto SICORE, cuxos resultados serán de aplicación en todo o litoral e en todas as augas territoriais españolas (tanto de competencia autonómica como estatal), coa previsión de desenvolver acción específicas en Baleares, Cataluña, Galicia, Murcia e o País Vasco.

O consorcio de SICORE está integrado por algúns de los científicos más recoñecidos no mundo no ámbito do estudo da PMR e do sector en Europa e España. O equipo investigador que coordina a USC –nomeadamente o profesor de Economía Aplicada Sebastián Villasante e o investigador posdoutoral da Xunta de Galicia Pablo Pita Orduna– está formado ademais pola Federación Galega de Pesca Marítima Responsable e Náutica de Recreo (FEDPEMAR), o Centro Tecnolóxico AZTI-Tecnalia, as Universidades de Girona e Murcia e o CSIC a través do CEAB-CSIC e do CSIC-IMEDEA.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...