Información
Vigo

O goberno de Vigo ultima os traballos no novo mercado do Progreso, que será inaugurado a próxima semana cun investimento de case cinco millóns de euros

Información
24 Abril 2016 10544 votos

O alcalde de Vigo visitou este venres o mercado do Progreso, que ultima os traballos previos á súa reapertura -programada para a vindeira semana- despois de ter investido o Concello case cinco millóns para a súa remodelación integral.

O mercado, que contará con corenta e un postos, incorporará tras a reforma dous sotos para estacionamento, outra pranta para un supermercado e unha praza superior -con cafetería-, que abrirá despois da desmontaxe, prevista para xuño, da sede provisional.

O novo mercado do Progreso terá novidades importantes, como dous elevadores (un deles panorámico e para 16 persoas), montacargas, escaleiras mecánicas, unha central frigorífica para dar servizo de frio industrial á totalidade dos postos, aparcamento de balde para os clientes, máquina de xeo, cafe-restaurante na terraza, climatización e Wi-Fi, entre outras.

Abel Caballero asegurou que esta reforma conseguíu "transformar un lugar emblemático da cidade" e subliñou que, "arquitectónicamente, é unha marabilla, chama a atención" o edificio.

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi