Información
Vigo

Vilagarcía e Vigo defenderán xuntos unha rebaixa no prezo do transporte entre as dúas cidades

Información
20 Abril 2016 4608 votos

Os concellos de Vigo e Vilagarcía traballarán xuntos para lograr que as comunicacións entre a primeira e a terceira cidade da provincia non sexan tan gravosas, especialmente no que se refire ao uso da autopista e do ferrocarril. Así o acordaron os alcaldes de ambos concellos con motivo da visita institucional que fixo a Vilagarcía o primeiro, Abel Caballero, á súa vez presidente da Federación Española de Municipios e Provincias. 20.04.2016. Nunha reunión moi cordial na que participaron tamén distintos concelleiros de Vilagarcía e de Vigo, os rexedores, Varela e Caballero, fixeron un repaso da situación do municipalismo en Galicia e en España e do xeito de afrontar os retos diarios que ofrece a administración local. Neste sentido, tanto un como outro criticaron a intención do goberno central de impedir que os 5.000 millóns de euros de superávit que xeraron os concellos non poidan ser investidos nos seus territorios mentres a Administración Central e a Autonómica xerou máis déficit. Caballero e Varela lembraron que os concellos son a administración máis próxima ao cidadán e por iso coñece ben os problemas e necesidades da xente.

Un deses intereses que os veciños demostran cada día son unhas comunicacións máis eficaces e, ao respecto, Caballero lembrou que estando tan próximas Vigo e Vilagarcía e tendo tantos elementos en común o certo é que son as vías de comunicación as que impiden sacar máis rendemento a esa proximidade. Por iso Vilagarcía e Vigo, técnicos e políticos de ambos concellos, traballarán conxuntamente para lograr que se rebaixen os prezos da autopista e da propia liña de ferrocarril. De pouco vale ter liña de alta velocidade, chegou a argumentar Abel Caballero, se despois o alto prezo do billete condiciona o número de usuarios.

Os servizos sociais, a ordenación do tráfico, a atención aos veciños... foron outros dos aspectos abordados nesta primeira reunión entre os gobernos de Vilagarcía e Vigo, aos que seguirán outras centradas xa en aspectos concretos. Na súa visita institucional, o alcalde de Vigo non deixou pasar a oportunidade para gabar a labor desenvolvida nestes meses polo equipo de Alberto Varela, do que chegou a dicir que ten unha enorme capacidade política “e é e vai ser un gran alcalde, unha referencia histórica”.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 


Otros articulos relacionados.....