Información
Santiago

Artistas galegos, tradición e vangarda protagonizan as Festas da Ascensión 2016

Información
16 Abril 2016 4870 votos

A concelleira de Acción Cultural deu conta esta mañá da programación para as Festas da Ascensión 2016, que se celebran este ano do 4 ao 8 de maio. Branca Novoneyra destacou que se trata "dunha programación que conxuga tradición, vangarda, grupos locais e actividades para os máis cativos da casa, que serán uns dos protagonistas desta festividade". Branca Novoneyra destacou que "as festas da Ascensión son as festas da cidade por excelencia, nas que a Concellaría de Acción Cultural, como encargada da xestión integral da programación festiva, presta especial atención aos programas tradicionais, mantendo e reforzando os actos consolidados polo tempo e a aceptación social", ao mesmo tempo que se incorporan algunhas novidades.

A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, presentou esta mañá en rolda de prensa o inicio do proceso de orzamentos participativos para o vindeiro 2017. Trátase do primeiro paso do proceso, que ten como obxectivo dividir a cidade en 5 ou 8 zonas. Os resultados da enquisa faranse públicos a finais de maio e serán un elemento máis para a formación destes distritos. O primeiro paso consiste en pór en marcha unha enquisa para a delimitación dos barrios e os distritos da cidade.

Este venres 8 de abril en Santiago de Compostela.

 casting santiago 2016 Será un casting aberto para persoas de 16 anos en diante, de calquera raza, apariencia, que dispoñan d dispoñibilidade nos vindeiros meses para participar coma extras en proxectos audiovisuais que se rodarán na cidade e arredores.

O máximo órgano de goberno do Grupo aprobou por unanimidade o seu orzamento para 2016, que ascende a 990.000 euros. Ademais, na reunión púxose de manifesto que a situación económica da entidade está mellorando con respecto aos últimos exercicios. Tamén por unanimidade, a Asemblea Xeral do Grupo deulle o visto bo ao Portal de Transparencia das Cidades Patrimonio, que xa se puxo en marcha na web oficial, www.ciudadespatrimonio.org. Nel pódense consultar os presupostos da entidade, os convenios que ten subscritos ou os acordos adoptados en asemblea. Tamén recolle a información sobre as subvencións recibidas polo grupo.

lineaazul 1600


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...