Información
Santiago

Acordan constituir un Grupo para a Mobilización da Atención Primaria na área de Compostela

Información
11 Enero 2019 152 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Xuntanza do Grupo de Traballo de Atención Primaria de Compostela 

Á reunión asistiron 45 membros do persoal facultativo da área sanitaria de Compostela; valoraron que a rebelión da Atención Primaria e dos servizos de urxencias e PACs  e o apoio social mostrado nas manifestacións de Vigo e Santiago, constitúe unha gran oportunidade para tentar modificar a política de recortes e desmantelamento do Sistema Sanitario Público Galego, que leva a cabo o actual goberno da Xunta de Galicia presidido por Núñez Feijoo.

 

Acordos:

1.- Constituír un Grupo para a Mobilización da Atención Primaria na área de Compostela, integrado por profesionais dos Centros de Saúde e dos PAC.

2.- Acordóuse, como reivindicacións prioritarias para afrontar a grave deterioración da Atención Primaria, o seguinte:

- Incrementar o orzamento da AP ata alcanzar o 25% .

- Recuperar de maneira inmediata os postos de traballo perdidos nos últimos anos e planificar un incremento dos mesmos a medio prazo para acabar coa masifican dos cupos e consultas.

- Poñer fin á política de precariedade laboral de persoal, necesaria para garantir a calidade da asistencia e evitar a fuga de especialistas formados en Galicia a outras Comunidades ou países.

- Modificar a Reforma da Lei Galega de Saude para acabar coas EOXIS que suprimiron as Xerencias de AP e sometéronas ás xerencias hospitalarias, acabando coa súa autonomía na xestión.

2.- Realizar unha enquisa en todolos Centros de Saúde da Área Sanitaria de Compostela, para coñecer os principais problemas e necesidades de recursos e funcionamento dos mesmos, para elaborar un catalogo de necesidades a trasladalas á administración.

3.- Preparar mobilizacións nos centros de saúde e PACs, buscado o apoio dos usurarios.

4.- Buscar a coordinación cos grupos de Atención Primaria que se estan constituíndo  en outras áreas sanitarias: Coruña, Ourense, etc.

5.- Rexeitar a Comisión creada pola Consellería para planificar un novo modelo de AP, na que os integrantes, foron seleccionados a dedo, por afinidade política. Dende o Grupo de Traballo de AP de Compostela, exiximos a administración sanitaria e o Sr. FeijOO, que na elaboración do Novo Plan de Mellora da AP, deben estar presentes todalas organizacións profesionais,  sindicais e sociais , sin os cales o Novo Plan non será de TOD@S, si non, de novo, da Conselleria do PP.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....


Esquema dos conos proxectados durante unha eclipse. Foto:...

PECHADO O CUARTO DE CONTENCIÓN
Días antes de que no Obelisco...

Esta mañá presentouse na sala de reunións da casa do Concello...

El próximo domingo 20 de enero el Club Waterpolo Pontevedra se...