Información
Santiago

2018, un ano coa meteoroloxía habitual de Compostela

Información
02 Enero 2019 457 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A pesar da importante seca sufrida entre o 8 de agosto e o 10 de outubro (cun total de 5,1 litros/m2 de precipitación), as fortes chuvias de finais de ano -con especial énfase no mes de novembro e na primeira metade de decembro- devolveron a Compostela a índices pluviométricos habituais. De feito, os 1.961,3 litros/m 2 de 2018 superaron a medía dos últimos 35 anos, situada en 1.800 l/m 2.



O resumo meteorolóxico de 2018 da cidade de Compostela elaborado cos datos obtidos de cotío na estación do Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da USC, centro colaborador da AEMET, sinala ademais como “normal” a cifra de 181 días con precipitación apreciable (máis de 0,1 litros/m 2), o que representa un 49,6% sobre o total de días do ano.

En 2018 houbo 17 días especialmente chuviosos con precipitacións por riba dos 30 litros/m 2, entre os que destacan o 9 e o 6 de novembro con 65,7 e 57,1 l/m 2 respectivamente. Logo dese mes, marzo foi o máis chuvioso, con 382,4 l/m 2 recollidos en 29 días, mentres que setembro resultou ser o máis seco con só 1,3 litros/m 2. A neve vímola só na noite do 27 de febreiro.

Temperaturas e horas de sol
No que atinxe ás temperaturas, o director do OARMA, José Ángel Docobo, sinala o día 3 de agosto “coa máxima absoluta do ano, 37º6, pero houbo outros vinte días con máximas de 30º ou superiores, e deles en oito xornadas os termómetros superaron os 33º”.

A temperatura máxima máis baixa rexistrouse os días 7 e 28 de febreiro con só 7º1, e a mínima absoluta de 2018, -0º3, tivo tamén lugar en febreiro, o día 8, que xunto co día de Reis foron as únicas dúas xornadas do ano coa temperatura mínima negativa no Campus Vida da USC. Pola contra, a temperatura mínima máis alta, con 22º4, aconteceu o 3 de agosto.

En canto á insolación, en 2018 medíronse case 2.091 horas de Sol o que representa un 48% sobre as posibles en Santiago, un dato moi semellante á media das últimas tres décadas. En 50 días non saíu o Sol, e noutros 104 o astro brillou máis de 9 horas no ceo da capital de Galicia.

lineaazul 1600

Otros articulos relacionados.....

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que...

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que...

Con previsión de vientos flojos a moderados que además se harán...

20.03.2019.- As bases que rexen o certame pódense consultar no...

lineaazul 1600