Información
Santiago

Récord histórico de ausencia de precipitacións en Compostela nun mes de setembro

Información
01 Octubre 2018 337 votos


Imaxe de arquivo da garita meteorolóxica do Observatorio universitario

O pasado mes de setembro tan só se recolleron na cidade de Santiago un total de 1,3 litros/m2. Como indica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, as precipitacións do pasado mes rexistráronse na noite do día 2 ao 3 (0,4 litros) e do 17 ao 18 (0,9). Igualmente, o día 21 houbo unha precipitación inapreciable (menos de 0,1 litros/m2) durante a mañá.


Como engade o profesor Docobo, dende que o Observatorio da USC posúe rexistros meteorolóxicos (ano 1948), “nunca antes tivera lugar unha situación semellante, aínda que efectivamente houbo meses de setembro moi secos na área de Compostela”. Entre estes últimos, o investigador sinala 1989 (7,1 l), 1997 (10,1), 1985 (11,4) e 1988 (11,8).

No lado oposto sitúase o mes de setembro de 1999 cando en 16 días se mediron 301,7 l/m2 ou 1998 con 220,3 l/m2 en vinte xornadas. En total, dado que en Santiago non se rexistraron nin frontes activos de choiva nin treboadas, “dende o pasado 8 de agosto tan só se levan colectados 4,2 l/m2”.

Temperaturas
No capítulo das temperaturas, Docobo sinala que se ben foron altas, cunha máxima de 34,3° o día 1, xunto cunha media das máximas do mes de 26,8°, “non se chegaron a superar as marcas dos anos 2006 e 1988”. O 5 de setembro de 2006 o termómetro chegou a marcar en Santiago 38,4° e 0 6 de setembro de 1988, 37,5°. En ambos os dous casos, estas temperaturas foron nos seus respectivos anos máximas anuais.

baner denuncia sistemajudicialcorruptoO sistema xudicial é pouco confiable segundo a maioría dos españois. Esta malfunción débese, principalmente, á impunidade dos funcionarios (policías, fiscais e autoridades xudiciais) e dos profesionais privados: avogados, procuradores e os colexios profesionais de ambos.
Esta disfunción xudicial esnaquiza a vida de demasiadas vítimas e ANVIPED foi creada en 2014 para defenderlles e así acabar con esta impunidade da que deriva o seu mal funcionamento.
Debemos crear asociacións para defendernos da "violencia que exerce o Estado" (Foro Social Mundial, 2011) Os xuíces españois case nunca cumpren a lei, polo que só traballamos en casos que incumplan leis europeas (dereito comunitario) para levalos ao Tribunal de Xustiza Europeo...(+)   ¡¡¡ Únete a nos !!!


 

Otros articulos relacionados.....